xoves, 23 de abril de 2020

#QuedaNaCasa CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Se non estivéramos nesta situación de excepcionalidade, do 20 ao 24 de abril celebraríamos: A  "Semana do Libro".

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín" (Manuel Gago)

O equipo de Biblioteca, faivos estas propostas:


- Se queredes coñecer toda a historia de "Feliz Feroz, o lobiño riquiño". El Hematocrítico. Podedes ler o libro completo premendo na imaxe.


Para os máis peques:  Contacontos

- "Feliz Feroz, o lobo riquiño", en monicreques. Adaptado e interpretado pola profe Carmela e Alberto.



- A profe Mª Carmen (PT), quere contarvos un conto que encontrou pola súa casa.

- Escoitade a profe Mª Carmen, o conto do "Rei Midas"

https://drive.google.com/open?id=1kjNhPi8yXa1gszdqZRP3igG6hD0-Vm4z
- A TiranosauraTere, vai contarvos un conto sobre o esforzo e a superación. "O dinosauro e o peixe".

- Contade xunto coa profe Isabel o conto da "Princesa do Caurel", Javier Solchaga.

- Na selva hai un problema grande... e ímolo descubrir coa profe Cris: "Tuntun". Anya Damirón, Pablo Pino.

https://drive.google.com/open?id=1LLEcMLD2fSUYFUdGj5kAsTt2qIHczUL1
- A teacher Lorena, quere darvos uns consellos e contarvos un conto: " The Mixed-Up Chameleon", Erie Carle.


Preme nos enlaces para ler o texto do conto en inglés e en español.
            Text in english                               Texto en español


-Para os lectores/as máis avanzados: 
Participa nun "escape room" virtual, despois de ler o libro:
 "O tempo do revés", María Solar

LER O LIBRO


PARTICIPA



- E un segundo libro: "Fred Quincalla, o nomade do mar",Teresa González Costa. Participa na ficha interactiva.

LER O LIBRO



PARTICIPA


- Outra Actividade na que podes participar.

O Museo etnolóxico de Ribadavia convoca, con motivo do día do libro, o concurso "O mes de Abril na Tradición" para editar un libro virtual que recolla todas as achegas.
Recolle refráns, ditos, cantigas, regueifas, contos populares, cancións sobre o mes de abril. Se non coñeces ningún pois PREGÚNTALLE á túa avoa, avó, tío, veciña, veciño, tía, nai, pai, panda, familia ... porque abrazar non podemos pero falar por teléfono e vernos por videoconferencia iso si.
PREME NA IMAXE PARA VER OS TRABALLOS


21/04/2020, Xa temos gañadores no concurso "O mes de abril na tradición". Aitor F. alumno do CEIP Vistahermosa, recibiu un dos premios especiais pola orixinalidade e excelencia no traballo.
PARABÉNS AITOR!
Xa podedes ver en "O MES DE ABRIL NA TRADICIÓN" o libro virtual comunitario que recolle os traballos participantes no concurso convocado polo Museo etnolóxico de Ribadavia.

Quen se agocha detrás do libro?




































Para saber máis sobre o día do libro e o Dereito de Autor-2020.
PREME NA IMAXE