luns, 16 de xuño de 2025

CITA CLUB DE LECTURA

 O Club de lectura "Páxinas en Branco" de 6º de primaria, despide este curso coa lectura e coloquio do libro "Invisible" de Eloy Moreno.

Todos os membros do club, estiveron moi sensiblilizados co problema de Bullying, que cada vez está máis presente na sociedade e  gravaron un "Spot" contra o Bullying.

Recibiron un agasallo pola súa implicación.


venres, 13 de xuño de 2025

REPOSICIÓN DE ABECEDARIOS NA BIBLIOTECA

 


Estamos a repoñer e colocar os novos abededarios na biblioteca, coa cortadora e gravadora láser fixemos os deseños.



xoves, 12 de xuño de 2025

"O CAMIÑO" de Marisa Núñez.

 Os nenos e nenas de 1º de primaria, interpretaron e ilustraron o conto de Marisa Núñez " O Camiño", en Kamishibai.



TEATRO "CONTO XAPONÉS"

 O club de lectura de 5º de primaria, representou na Biblioteca, un conto xaponés para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria.



martes, 10 de xuño de 2025

martes, 27 de maio de 2025

CONTADA DINÁMICA E OBRADOIROS CON SABELA GAGO


"O Lápis de Martín"                                                                   
É unha contada dinámica onde o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, participa activamente con pequenas coreografías e sons, seguindo as indicacións da dinamizadora (Sabela).
Martín está moi aburrido e a súa amiga Martina ensínalle o poder da imaxinación.
Os nenos e as nenas descubrirán o seu bolsillo máxico e todo o que esconde no seu interior.

Despois desta contada os nenos e nenas de 2º de primaria, fixeron con Sabela:

Obradoiro de xogo dramático.
Xogando co corpo e a voz fixemos posturas abertas e pechadas.....en distintos planos no espazo.....individuáis, en parellas, en pequeno grupo,en gran grupo. E rematamos facendo co corpo o noso lápis.


Obradoiro creativo. Cada alumno e alumna decora nunha cartulina o seu lápis empregando diferentes grafías para que todos sexan diferentes dependendo da creatividade individual.




Moitas grazas Sabela polas boas prácticas !

luns, 26 de maio de 2025

CITA CLUB DE LECTURA

 O club de lectura de 3º de primaria, despois de ler "Un tirón no rabo "  de varios autores. Comentou cales foron os seus contos favoritos desta antoloxía.


A próxima cita será para ler e comentar "O peto máxico" de Roberto Piumini.


martes, 20 de maio de 2025

AS LETRAS DAS CANTAREIRAS

O Día das Letras Galegas de 2025 dedícaselle ás cantareiras e á poesía popular oral. Hoxe no CEIP VISTAHERMOSA, cantamos e bailamos cantigas tradicionais e danzas de roda.




ENDL, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E BIBLIOTECA.

AUDIOCONTO O MONSTRO DAS AUGAS NEGRAS. Conto xaponés

No Proxecto Documental Integrado deste ano "Pequemundi", o alumnado de 3º representa a Xapón e aquí vos deixan un AUDIOCONTO sobre os recolectores de perlas e os perigos dos mares. O monstro das augas negras. Len por orden de intervención: Carla, Daniela, José Antonio e Noa.

xoves, 15 de maio de 2025

CLUB DE LECTURA "PÁXINAS EN BRANCO"

A actividade do club de lectura do segundo trimestre realizouse do seguinte xeito:

En pequenos grupos elexiron un libro para ler, fíxose unha breve exposición do libro entre os membros do grupo para os seus compañeiros/as e logo idearon unha actividade creativa sobre a temática do libro como: Booktrailer, cartel, obradoiros ( manualidades, monicreques, cociña, comic, costura, xogos...)
 Así foi a experiencia.

martes, 29 de abril de 2025

NOITE DE CANTOS

 XOGO DE ROL no que o alumnado de 5º e 6º de EP se mergulla no mundo dos fiadeiros galegos descubrindo a música, a danza e o papel fundamental das mulleres na nosa tradición oral.

Cada equipo tomou o papel dunha Pandereteira de Mens: Teresa, Prudencia, Asunción e Manuela e foi superando 8 retos musicais, de interpretación, recoñecemento de instrumentos, vestimenta, ritmos e moito máis.


FIADEIROS QUE VOLVEN A VIDA NAS AULAS - Obradoiro Impartido pola  Academia As Curuxas


mércores, 23 de abril de 2025

ABRIL MES DO LIBRO

 Ao longo do mes de abril, fixéronse diferentes actividades para homenaxear a un bo compañeiro de aventuras "O libro".

Reto "Entra na Biblioteca"... Pero antes de entrar terás que resolver as seguintes propostas:

- "Busca-Palabra literario"

Dándolle a volta ao concepto de "escape room", nesta ocasión hai que coñecer títulos ou personaxes para poder entrar na biblioteca. Cada letra do "Busca-palabra literario", leva aparellada unha pista. Primeiro haberá que pensar, resolver e entrar.




- "Código secreto": Resolve cambiando cada letra pola seguinte do alfabeto galego.



- "Crebacabezas de títulos de contos": Recompón os títulos cos que formarás as seguintes portadas.

Padriños e Madriñas lectoras.

Disfrutamos de lecturas compartidas no patio


Visita da Dra Cecilia.
Xa fai uns anos que nos visita a Dra Cecilia, ven revisar as Bibliotecas de Aula de Infantil, vacunar contra as malas prácticas e mal uso dos libros.
Dicir que este curso en todas as aulas os libros estaban moi ben ordenados e coidados. Todas levaron o máximo certificado: CORAZON VERDE.

A VACUNA FUNCIONA!!


Radio na escola.
Cuña publicitaria... LIBROS PARA QUE?

 
FELIZ DÍA DO LIBRO!

venres, 4 de abril de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO

 O teatro desenvolve nos nenos e nenas a creatividade, empatía, confianza, traballo en grupo, expresion oral, corporal, emocional... 

Neste obradoiro exploráronse as habilidades corporales, de movemento, imitación, mímica...



venres, 28 de marzo de 2025

CITA CLUB DE LECTURA

 O "Club de lectura de 3º de primaria", despois de ler varios contos de diferentes países.

 Comentaron o libro "Un tirón  no rabo" de M. Hoffman.

...Que acontece cando un lobo comellón pretende papar a ovella máis repoluda? E cando un raposo presume da súa velocidade diante dun caranguexo? Neste libro reúnense once divertidas historias de animais, nas que o lector descubrirá que se un se pasa de listo, é demasiado cobizoso ou se comporta coma un farfallán, pode saír bastante malparado.

Este club atopou solucións moi imaxinativas.





venres, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

... O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, declarado pola UNESCO en 1999, para apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar a oportunidade de escoitar as linguas en perigo de extinción.

O alumnado de 3º de primaria, visitou a exposición de obras de arte, inspiradas en Yayoi Kusama, creadas polos nenos e nenas de 1º de primaria (dentro do PDI, Xapón). Despois reorganizaron versos soltos de haikus, para recompoñer poemas.



Creando poemas


Trabalinguas e poesía



mércores, 12 de marzo de 2025

CONTO TEATRALIZADO"

 " O Don da Tartaruga", Versión de Don Lari, un Conto de Zambia.

 Interpretado polo Club de lectura de 4º de primaria, para o alumnado de infantil co motivo do desenvolvemento: Proxecto de África.

xoves, 6 de marzo de 2025

CON MARÍA CANOSA NO CEIP VISTAHERMOSA

A escritora María Canosa, visitou hoxe o noso cole para charlar co alumnado de 3º e 4º de "O que nunca che contaron" un libro que aclara moitos misterios. Nunca nos contaron quen amaña as estrelas, quen elixe as onomatopeas, quen adestra ás bolboretas ou a quen se lle ocorren os inventos... Despois da lectura e da entrevista que lle fixemos quedounos todo moito máis claro.



Fai clic no botón para escoitar a entrevista, 
feita polo alumnado de 4º EP á autora.



venres, 21 de febreiro de 2025

EU LÍA, TI LÍAS, EL LÍA, ELA ROSALÍA



 ... O 23 de febreiro, celébrase o nacemento de Rosalía de Castro, escritora galega que ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. 

Dende a Biblioteca, celebramos o seu nacemento, por todas as aportacións á cultura, pensamento crítico e intelectual, manifestos feministas...

Na entrada do colexio, fixemos unha exposición de poemas de Rosalía, plasmados en "Libros intervidos".

A impresora 3D e cortadora-gravadora laser láser, estiveron sen  parar fabricando  marcapáxinas dos seus poemas.


Tamén coa cortadora-gravadora láser fixéronse crebacabezas en cartón, a partir de debuxos feitos polos nenos e nenas, sobre poemas de Rosalía de Castro.




En Infantil, transformouse a Rosalía en Africana, seguindo o PDI deste curso.


Escolma de Poemas de Rosalía de Castro 

luns, 17 de febreiro de 2025

VERBATECA

 Un ano máis participamos na actividade : Animación á lectura para 5º e 6º de infantil da man do pirata Malapata. Organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.



mércores, 12 de febreiro de 2025

"ENCONTROS CO AUTOR"

Os alumnos/as de 5º de primaria, participaron hoxe, na actividade "Encontros co autor" do programa Animación á lectura do Concello de Ourense.

Disfrutaron con Abel Tomé, autor do libro "Milú e  o edificio das persoas extraordinarias".






martes, 11 de febreiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 O 11 de febreiro, conmemórase a igualdade e empoderamento das nenas e mulleres na ciencia, por iso hoxe tocou ser científicas.

As mulleriñas científicas, crearon unha balanza con material de refugallo, logo fixeron actividades matemáticas de peso.



PREME NA IMAXE 


Para máis información e recursos sobre este día ...








xoves, 30 de xaneiro de 2025

A PAZ NACE NO CORAZÓN

 A Coordinación de biblioteca, actividades extraescolares e normalización lingüística, organizaron para celebrar o "DÍA DA PAZ", as seguintes actividades:

- Elaboración de banda deseñada sobre libros con temática de Paz ou de propia creación (Construíndo a Paz).

- Retos de atención, descubrir que libro falta no "POST" da biblioteca.

- Campeonato de tres en raia, con taboleiros impresos na impresora 3D.

- Mural símbolo da Paz, elaborado con corazóns, entre todo o alumnado.

- Manualidades, debuxos, danzas, cancións, poemas, manifestos relacionados con este día.

Banda deseñada

Retos de atención


Wangari e as árbores da Paz



Taboleiros 3D

Manifestos



VER MÁIS

mércores, 29 de xaneiro de 2025

CITA CLUB DE LECTURA "PINGUIÑAS DE FANTASÍA"

 O club de lectura de 4º, despois de comentar o libro: "A formiga coxa" de Marilar Alexandre, debuxou varias escenas desta historia.


Na próxima reunión,  o club "Pinguiñas de Fantasía", comentarán o libro: 
"O peto máxico" de Roberto Piumini.


...Nesta colección de contos coñeceremos a historia dun pirata bondadoso e a dun príncipe malcriado, a de dous pés que non paran de amolar o seu dono e a do inxenuo inventor que devece por voar... Uns contos están narrados en prosa e outros en verso, uns son humorísticos e outros marabillosos... Pero todos eles teñen algo en común: a defensa de valores morais como a xenerosidade, a gratitude, a solidariedade, a tolerancia e a diversidade.


venres, 24 de xaneiro de 2025

CITA CLUB DE LECTURA, 3º DE PRIMARIA

 Que pode desprazarse polo deserto sen beber auga? O club de lectura de 3º , despois de ler
"El camello de hojalata" de Gazi Abdel-Quadir, debateu e comentou o moito que lles gustou este libro.

... Samira vive con su abuela en las afueras de una gran ciudad. Nadie posee allí ni un miserable camello. ¿Por qué su abuela habla de rebaños y de camellos de hojalata? ¿Por qué odia al ingeniero del agua? Su tía le cuenta, por fin, la razón por la que abandonaron su pueblo. Y Samira comprende que no se puede sobreexplotar la tierra, y que hay que respetar la naturaleza y a los seres que habitan en ella.