mércores, 17 de decembro de 2025
martes, 16 de decembro de 2025
ADORNOS DE NADAL EN 3D
Na árbore de Nadal lucen unhas bólas de reno impresas en 3D, a propósito do PDI "Animaliños"
Cada clase decorou e escribiu unha mensaxe ou un desexo de Nadal.
AGASALLOS SOLIDARIOS DE NADAL
O alumnado de 6 de EP crea diferentes pezas de bisutería: pulseiras, pendentes, colgantes, chaveiros con doas mercadas na Fundación Taller de Solidaridade. Durante o taller debátese sobre a importancia da sostibilidade e da reciclaxe, e dáselle valor aos agasallos de Nadal feitos a man.
luns, 15 de decembro de 2025
POEMAS SOBRE AS PERSOAS
Recitado de poemas na voz da rapazada de 3º de EP que xiran arredor do tema da igualdade de oportunidades, do respecto e da tolerancia.
mércores, 10 de decembro de 2025
2ª CITA, CLUB DE LECTURA "UN, DOUS, TRES, 4º A LER"
Os nenos e nenas de 4º de primaria, levaron a cabo un libro-fórum, sobre a lectura do libro "No corazón do bosque".
Un libro que queren recomendar aos compañeiros e compañeiras, porque ensina a importancia da familia, o valor da amizade, o respecto polo medio ambiente, a empatía... Unha tenra, entrañable e divertida lectura para o outono.
Esta sesíon, moderada polo alumno José Antonio, foi moi participativa, todos /as aportaron ideas, experiencias, emocións... Ao rematar, fíxose unha ficha de lectura sobre o libro e aproveitaron para descubrir un pouquiño ao seu autor: Agustín Fernández Paz.
venres, 28 de novembro de 2025
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Dende o 19 ao 28 de novembro, a Biblioteca convirtiuse nun espazo de
observar, fedellar, experimentar e aprender coa ciencia. Utilizamos como tema dinamizador a temática do PDI deste curso "Animaliños".
Recuncho escribimos ciencia.
Propostas:
- O meu animal favorito…
- Descubrimos un novo animal… en noticia ou comic.
- Artigo de divulgación ou infografía dixital, sobre un animal investigado.
- Deseñar animais con superpoderes
- Inventa animal, deseñar híbridos funcionais e explicar a súa bioloxía.
- Creae unha linguaxe animal secreta con símbolos e sons.
Exposición de libros en préstamo sobre ciencia.
Descubre, programando o escornabot: animais polo nome, polos ollos, pel, pegadas…
- A auga que vai costa arriba - capilaridade
- As flores que se tinguen - capilaridade e vasos condutores das plantas.
- A clara que non cae - desnaturalización da clara. A función plástica das proteínas.
- O ovo saltarín - reaccións químicas e ósmose .
- Microscopio e células.
- Creación dun horto e corte coa cortadora láser dos carteis indicadores das sementes plantadas.
mércores, 26 de novembro de 2025
#25N
25N na web
martes, 25 de novembro de 2025
1ª CITA, CLUB DE LECTURA "PINGAS LECTORAS"
O club de lectura de 5º de primaria, reuniuse para comentar o libro: "Neko" de Eva Mejuto.
Pola temática tratada no libro (Violencia de xénero) deunos para sensibilizar, reflexionar... creando unha receita para a igualdade.
sábado, 15 de novembro de 2025
RADIOTEATRO DE SAMAÍN
O club de lectura "Os fabulos@s", gravaron na radio, uns podcasts teatralizados, basados no libro "Medo me da" de Ramón D. Veiga.
- "Unha pantasma na lavandería".
- "Catuxa e a esteticista".
martes, 4 de novembro de 2025
1ª CITA, CLUB DE LECTURA "OS FABULOS@S"
O club de lectura de 6º de primaria, reuniuse para comentar e debater varios contos de Oscar Wilde. Chamaron a súa atención personaxes coma o xigante egoista, o principe feliz e o foguete fachendoso.
A próxima lectura será: "Lúa do Senegal" de Agustín Fernández Paz.
mércores, 29 de outubro de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Que mellor maneira de celebrar o "día das bibliotecas"... na nosa Biblioteca e con Sabela Gago, que dixo que a nosa biblioteca era acolledora e viva. Pois viv@s e participativ@s nos fixo sentir coa historia de "Irene e o seu soño".
Tamén o longo da semana desenvolvéronse diversas actividades na biblioteca coa temática do PDI deste curso "ANIMALIÑOS":
ACTIVIDADES PARA OS DISTINTOS NIVEIS:
PRIMARIA
- Escape room interactivo, "Reto na granxa".
- Xogo co beebot para atopar animais iguais.
- Xogo matemático con animais ovíparos.
- Busca e atopa no cartaz os animais, segundo a descripción.
- Oca animal
- Marcapáxinas de papiroflexia
- Rosco de pasabalabra con nomes de animais.
- Chega co escornabot ata o debuxo do animal descrito.
- Reto animado.
- Concurso vertebrado.
- Descubre a miña mascota coloreando.
- Mi amigo Elmer.
- Papiroflexia de animais.
- Tangram de animais.
- Sopa de letas deanimais.
INFANTIL
- Contacontos: ¿ Que seré cuando crezca?, Nicola Davies.
- Xogo, ordenar secuencias do conto.
- Decoración de ovos sorpresa, para adiviñar na mesa de luz.
- Xogo de adiviñar animais polo tacto.
- Xogo libre de cabanas e animais.
venres, 24 de outubro de 2025
MOCHILAS VIAXEIRAS
Hoxe conmemorando o día das BIBLIOTECAS, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras en infantil.
As mochilas van cargadas de contos de aventuras, emocións, información, cociña, manualidades, inglés, revistas, xogos... e un caderno de actividades para facer en familia.
Permanecerán na casa 15 días, pasado ese tempo, regresarán ás aulas para ver e contar a experiencia aos seus compañeir@s.
Que disfrutedes moito!
PRESENTACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA
xoves, 23 de outubro de 2025
martes, 17 de xuño de 2025
luns, 16 de xuño de 2025
CITA CLUB DE LECTURA
O Club de lectura "Páxinas en Branco" de 6º de primaria, despide este curso coa lectura e coloquio do libro "Invisible" de Eloy Moreno.
Todos os membros do club, estiveron moi sensiblilizados co problema de Bullying, que cada vez está máis presente na sociedade e gravaron un "Spot" contra o Bullying.
Recibiron un agasallo pola súa implicación.
venres, 13 de xuño de 2025
REPOSICIÓN DE ABECEDARIOS NA BIBLIOTECA
Estamos a repoñer e colocar os novos abededarios na biblioteca, coa cortadora e gravadora láser fixemos os deseños.
xoves, 12 de xuño de 2025
"O CAMIÑO" de Marisa Núñez.
Os nenos e nenas de 1º de primaria, interpretaron e ilustraron o conto de Marisa Núñez " O Camiño", en Kamishibai.
TEATRO "CONTO XAPONÉS"
O club de lectura de 5º de primaria, representou na Biblioteca, un conto xaponés para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria.
martes, 10 de xuño de 2025
martes, 27 de maio de 2025
CONTADA DINÁMICA E OBRADOIROS CON SABELA GAGO
luns, 26 de maio de 2025
CITA CLUB DE LECTURA
O club de lectura de 3º de primaria, despois de ler "Un tirón no rabo " de varios autores. Comentou cales foron os seus contos favoritos desta antoloxía.
A próxima cita será para ler e comentar "O peto máxico" de Roberto Piumini.
martes, 20 de maio de 2025
AS LETRAS DAS CANTAREIRAS
AUDIOCONTO O MONSTRO DAS AUGAS NEGRAS. Conto xaponés
xoves, 15 de maio de 2025
CLUB DE LECTURA "PÁXINAS EN BRANCO"
martes, 29 de abril de 2025
NOITE DE CANTOS
XOGO DE ROL no que o alumnado de 5º e 6º de EP se mergulla no mundo dos fiadeiros galegos descubrindo a música, a danza e o papel fundamental das mulleres na nosa tradición oral.
Cada
equipo tomou o papel dunha Pandereteira de Mens: Teresa, Prudencia, Asunción e
Manuela e foi superando 8 retos musicais, de interpretación, recoñecemento de
instrumentos, vestimenta, ritmos e moito máis.
FIADEIROS QUE VOLVEN A VIDA NAS AULAS - Obradoiro Impartido pola Academia As Curuxas
mércores, 23 de abril de 2025
ABRIL MES DO LIBRO
Ao longo do mes de abril, fixéronse diferentes actividades para homenaxear a un bo compañeiro de aventuras "O libro".
Reto "Entra na Biblioteca"... Pero antes de entrar terás que resolver as seguintes propostas:
- "Busca-Palabra literario"
Dándolle a volta ao concepto de "escape room", nesta ocasión hai que coñecer títulos ou personaxes para poder entrar na biblioteca. Cada letra do "Busca-palabra literario", leva aparellada unha pista. Primeiro haberá que pensar, resolver e entrar.
venres, 4 de abril de 2025
OBRADOIRO DE TEATRO
O teatro desenvolve nos nenos e nenas a creatividade, empatía, confianza, traballo en grupo, expresion oral, corporal, emocional...
Neste obradoiro exploráronse as habilidades corporales, de movemento, imitación, mímica...







.jpg)

















