mércores, 17 de decembro de 2025

martes, 16 de decembro de 2025

ADORNOS DE NADAL EN 3D

RENOS DE NADAL



Na árbore de Nadal lucen unhas bólas de reno impresas en 3D, a propósito do PDI "Animaliños"

Cada clase decorou e escribiu unha mensaxe ou un desexo de Nadal.



AGASALLOS SOLIDARIOS DE NADAL

OBRADOIRO DE ABELORIOS

O alumnado de 6 de EP crea diferentes pezas de bisutería: pulseiras, pendentes, colgantes, chaveiros con doas mercadas na Fundación Taller de Solidaridade. Durante o taller debátese sobre a importancia da sostibilidade e da reciclaxe, e dáselle valor aos agasallos de Nadal feitos a man.




luns, 15 de decembro de 2025

POEMAS SOBRE AS PERSOAS

Poesía que fomenta a inclusión e o respecto mutuo.

Recitado de poemas na voz da rapazada de 3º de EP  que xiran arredor do tema da igualdade de oportunidades, do respecto e da tolerancia.



mércores, 10 de decembro de 2025

2ª CITA, CLUB DE LECTURA "UN, DOUS, TRES, 4º A LER"

 Os nenos e nenas de 4º de primaria, levaron a cabo un libro-fórum, sobre a lectura do libro "No corazón do bosque"

Un libro que queren recomendar aos compañeiros e compañeiras, porque ensina a importancia da familia, o valor da amizade, o respecto polo medio ambiente, a empatía... Unha tenra, entrañable e divertida lectura para o outono.

Esta sesíon, moderada polo alumno José Antonio, foi moi participativa, todos /as aportaron ideas, experiencias, emocións... Ao rematar, fíxose unha ficha de lectura sobre o libro e aproveitaron para descubrir un pouquiño ao seu autor: Agustín Fernández Paz.


venres, 28 de novembro de 2025

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 Dende o 19 ao 28 de novembro, a Biblioteca convirtiuse nun espazo de observar, fedellar, experimentar e aprender coa ciencia. Utilizamos como tema dinamizador a temática do PDI deste curso "Animaliños".

Recuncho de pequenos científicos-experimentos.
Neste recuncho os nenos e nenas, experimentaron e obtiveron respostas ao 
por que?
Da flotabilidade de obxectos, impermeabilidade das plumas, elasticidade dos ósos cando permanecen un tempo en vinagre, a graxa dos animais do artico como illante térmico, camuflaxe, hidratación da algas e observación de cambios físicos, flotabilidade da mandarina pelada pola forza centrípeda, observación de radiografías de animais…

Recuncho escribimos ciencia.

Propostas:

- O meu animal favorito…
- Descubrimos un novo animal… en noticia ou comic.
- Artigo de divulgación ou infografía dixital, sobre un animal investigado.
- Deseñar animais con superpoderes
- Inventa animal, deseñar híbridos funcionais e explicar a súa bioloxía.
- Creae unha linguaxe animal secreta con símbolos e sons.


Recuncho investigadores do coñecemento.
Exposición de libros en préstamo sobre ciencia.


Recuncho pequenos exploradores-Robótica
Descubre, programando o escornabot: animais polo nome, polos ollos, pel, pegadas…

Paso polos diferentes recunchos.



Nas clases de ciencias tamén fixemos experimentos e propostas STEM:
- Por que hai insectos que camiñan pola auga sen afundirse? - Tensión superficial da auga
- A auga que vai costa arriba - capilaridade
- As flores que se tinguen - capilaridade e vasos condutores das plantas.
- A clara que non cae - desnaturalización da clara. A función plástica das proteínas.
- O ovo saltarín - reaccións químicas e ósmose .
- Microscopio e células.
- Creación dun horto e corte coa cortadora láser dos carteis indicadores das sementes plantadas.



- Construción dun dique con Lego - STEM



Información curiosa e sorprendente

mércores, 26 de novembro de 2025

#25N

O 25 de novembro, coñecido como o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha data de gran relevancia en todo o mundo. Esta xornada busca concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero e promover accións para erradicala en todas as súas formas. Realízanse diversas actividades, como manifestacións, charlas e talleres, co obxectivo de sensibilizar á poboación e apoiar ás vítimas. Ademais, esta data serve para lembrar a importancia de protexer os dereitos das mulleres e garantir a súa seguridade e benestar.

Nós a través dos contos promovemos a igualdade



Breixo, alumno de 6º, leu ao alumnado de 2º o conto "La princesa No" de Martín Badía.


Exposición de libros sobre temática de igualdade, e xogo de camuflaxe (novembro mes da ciencia).


25N na web