sábado, 24 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía, cunha exposición de traballos representativos da súa obra. Utilizando diferentes tipos de textos: poema, caligrama (Poema visual, onde as palabras forman o trazo do debuxo) e actividades plásticas.


Belén, responsable do comedor, sorprendeunos con este retrato a carbón de Rosalía... Parabéns!


EXPOSICIÓN DE TRABALLOS NA ENTRADO DO CENTRO



Se queres ver polo miudo, Rosalía en caligramas 
preme na imaxe

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/587


xoves, 15 de febreiro de 2018

VIAXAMOS A ... ÁFRICA

Esta vez LEmundi, na súa viaxe por África, trouxonos unha maleta chea de recordos; a través dos que vamos a coñecer culturalmente este continente.
Tradicións, arte, produtos típicos, literatura, música, proverbios...
Descubrimos a maleta de Kenia, país africano que tomamos como referencia. 

Exposición 

Os nenos e nenas de infantil descubriron na biblioteca a maleta de África.


Na biblioteca os alumno/as de 1º de primaria, atopáronse coa maleta baleira, só había unhas tarxetas que os levaron á exposición de África no vestíbulo do centro. Alí descubriron algunhas curiosidades.

Alumnos/as de 4º de primaria buscando información



 PERSONALIDADES IMPORTANTES
Wangari Muta Maathai; Nyeri, Kenia, 1940 - Nairobi, 2011. Bióloga, ecoloxista keniana, recibiu en 2004 o premio Nobel da PÀZ. 
Promoveu a creación do movemento "Cinturón Verde" protagonizado fundamentalmente por mulleres; cuxo obxectivo foi a plantación das árbores como recurso para a mellora das condicións de vida da poboación.
Dende que comezou este movemento, as mulleres de África levan plantado máis de 30 millóns de árbores.

 Podedes ver unha adaptación do libro "Wangari e as árbores de Paz" ilustrado polos nenos/as de infantil e voces voluntarias de 6º de primaria.

FAUNA AFRICANA
Un libro despregable sobre a fauna africana.



TALLER DE MÁSCARAS AFRICANAS



PROVERBIOS AFRICANOS 


INSTRUMENTOS AFRICANOS



CONTACONTOS: "Un Chocolate moi especial"

Con este conto de Eva María Riber Harráez, aprendemos valores tan importantes como o respecto á diversidade, amizade e a non rexeitar sen coñecer.
PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEOCONTO
https://www.youtube.com/embed/a_1ObpbOceA?rel=0

Pintar con chocolate, despertou nos nenos/as de infantil varios sentidos: vista, olfacto, tacto e gusto tamén.  

Unha experiencia deliciosa!! 



venres, 9 de febreiro de 2018

CONTACONTOS

Teatrillo con títeres de pau , dramatización e adaptación do conto "LOS APUROS DE UN PARAGUAS". Max Kruse
Unha historia sobre un paraugas parlanchín.




  
Audio-conto, e teatro de sombras sobre: "NO ERES UNA LAGARTIJA".Concha López Narváez.
Cinco valores a destacar:
Alegría
Optimismo
Non prestar atención aos malos consellos
Ofrecer axuda
Comprensión


Todos os materiais están á vosa disposición na Biblioteca.

martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ, 30 de xaneiro

Lecturas recomendadas


Contacontos para infantil: "Wangari e as árbores da Paz". Janette Winter. 
Este Nobel da Paz, pon en valor a importancia de traballar pola natureza. Destacando valores como: o esforzo, o tesón, a cooperación.
 Contado pola Profe Elisa  e ilustrado no taller de contos.

https://drive.google.com/file/d/18hzD-KUi7N06rfrqCtBOoe_D0Jy4hzsW/view?usp=sharing

Desexamos que estas  árbores simbólicas da esperanza dean froito.



Mensaxes de Paz con sabor doce.



Visita a web para ver as actividades:
 "Dálle cor á Paz" , "Dálle voz á Paz" e "mBotrato"

PREME NAS IMAXES



http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/583



FELIZ DÍA DA PAZ!!

xoves, 25 de xaneiro de 2018

RETO LECTOR

Xa están aparecendo os primeiros retos lectores, propostos no mes de outubro. Recórdovos que tiñades que ler alomenos 15 libros con diferentes circunstancias. Podedes revisar as bases na publicación do 16/10/2017.

VERA GUTIÉRREZ IGLESIAS
SOFÍA MUÑOZ FERREIRA
 
Non vos desanimedes!!

venres, 12 de xaneiro de 2018

VIAXAMOS A ... XAPÓN

Este é o proxecto que parte da biblioteca co obxectivo de coñecer XAPÓN. Un país cunha diferente e variada cultura.
Na biblioteca tedes en exposición unha maleta chea de curiosidades. 



Axúdanos a encher a maleta de sabiduría e cultura.


Sabes o que é...?
 Kamishibai


 Otedama
    

Os alumnos de 6º de infantil facendo os exercicios "Otedama"

Ainda temos que practicar un pouquiño máis

 Koinobori
https://drive.google.com/file/d/1GpVb36Z3EC8uyDAXEOPTs_vYRQqouf0q/view?usp=sharing
 preme na imaxe para facer manualidade

MÚSICA   
https://www.youtube.com/watch?v=-xu24sPbVR0


Así foi a 1ª sesión cos alumnos/as de 4º de primaria


Obradoiro de cociña: Preparando  "Nigiris de salmón"


RECEITAS DE SUSHI
https://cookpad.com/es/buscar/jap%C3%B3n

Alumnos/as de 3º de primaria, descubrindo a cultura de Xapón


Alumnos/as de infantil e 1º de primaria, atoparon a matela de Xapón.


Así nos relaxamos co xardin Zen


Traballos sobre o proxecto "Coñece Xapón". 
Destacar a creatividade nos poemas:  "HAIKU"


Un haiku é un poema breve de orixe xaponesa que emprega unha linguaxe sensorial e trata de evocar no lector, unha imaxe ou un sentimento. 
Métrica: ten tres versos sen rima de 5, 7, 5 sílabas.
A temática: a natureza, un momento especial, as estacións, unha experiencia marabillosa...

GUÍA DE LECTURA

  PRIMEIROS/AS LECTORES/AS
LECTORES/AS

E para vós familias... Campaña solidaria, da Fundación SM, para facer chegar libros a tódolos nenos e nenas.

Para máis información preme na imaxe