venres, 20 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro, dende a biblioteca programamos as seguintes actividades: 

 PRINCIPIÑO POR SORPRESA

Recondando que o pasado 6 de abril foi o 75 aniversario do libro: "Le petit prince", de Antoine de Saint-Exupéry (1900-1944).
Fixemos esta actividade de lectura, entrando nas aulas por sorpresa para ler un capítulo desta obra que xa foi traducida a máis de 300 linguas e dialectos, coa intención de espertar curiosidade nos nenos/as, para unha posterior animación á lectura.

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/-aRxJbP_dYQ?rel=0" frameborder="0" allow="autoplay; encrypted-media" allowfullscreen></iframe>

APADRIÑAMENTO LECTOR

Esta actividade lévase facendo dende hai algúns cursos, é moi gratificante ver como as madriñas e padriños lectores logran  unha gran atención dos seus receptores.

A NOSA EDICIÓN

Trátase dunha exposición dos nosos contos máis creativos, tamén acompañan, os debuxos feitos na actividade: "HORA DE LER" (Bibliotecas escolares) que os nenos/as de infantil, realizan coas familias, sobre os contos da Biblioteca. 



Algúns libros editados por nós












HISTORIAS CONTADAS 
 Calquer elemento serve para crear unha historia, aquí temos unhas pedras con imaxes pintadas, que nos axudan a crear a nosa.





MARCAPÁXINAS

Agasallamos a todo o alumnado cun marcapáxinas, que recorda a nosa mascota da Biblioteca, "LEMUNDI"


TROCO DE LIBROS 
"Doa  un libro e leva outro para túa casa"
Co obxectivo de desprendernos dunha posesión e poñer en valor a lectura, aínda que sexa no libro doutro/a.




TEATRO DE MONICREQUES.
Sobre unha adaptación do conto "EL PEZ ARCOIRIS" de Marcus Pfister, interpretado por alumnas de 5º de Infantil para alumnos/as de infantil, 1º e 2º de primaria.

https://drive.google.com/file/d/1QmURXvMUlLtdzdO7eYEnQvz-RjHBwwGR/view?usp=sharing

  

mércores, 11 de abril de 2018

PUNTOS DE PRÉSTAMO

Recordámosvos outros puntos de préstamo da BIBLIOTECA do centro, para familias e profesorado, cunha selección de temática que vos pode interesar. 




luns, 19 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA


O 21 de marzo celebramos o día da poesía. 
Este curso seleccionamos a dous poetas: Manuel María e Antonio García Teijeiro.
A Manuel María en homenaxe polo cincuenta aniversario do  seu libro de poesía infantil: "Soños na Gaiola" (Libro no que o propio autor recolle os versos que  botou de menos cando era neno).
Para conmemorar os 50 anos  "d `Os soños na gaiola ", preséntase a edición facsimilar, que vén acompañado dun estudo introdutorio da profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas que leva por título “Unha Galicia que vai no sentimento”.

 A Manuel García Teijeiro, por obter  o premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil pola obra: "Poemar o mar", un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con “En la cuna del mar” e “Palabras do mar”. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel.


PRIMAVERA POÉTICA, recolle os versos de  Manuel María e Antonio García Teijeiro, que os alumnos/as escribiron na decoración primaveral da biblioteca, lectura e recitado de poesía organizada en sesións ó longo desta semana. 


Lectura e recitado de poemas 

 Alumnos/as de 6º de primaria, 4º e 6º de infantil


Alumnos/as de 5º e 1º de primaria


Alumnos/as de 5º de infantil e 4º de primaria

Alumnos de 3º e 2º de primaria  



GRAZAS AO ALUMNADO E PROFESORADO 
POLO SEU ESFORZO E PARTICIPACIÓN, NA SEMANA DA POESÍA !!!

mércores, 14 de marzo de 2018

ADEUS... STEPHEN HAWKING

Déixanos un gran astrofísico, que revolucionou a maneira de entender o universo.
Pasará á historia polo seu  traballo sobre os (Buratos Negros) e por unificar as grandes teorías da física do século XX (Relatividade e Mecánica Cuántica). Tamén polos populares títulos divulgativos, destacando:
"Breve historia del tiempo, del Big Bang a los agujeros negros", publicado en 1988. Convertido no libro de ciencia máis vendido da historia.

"La clave secreta del universo", Stephen Hawking e a súa filla Lucy, presentan a  primeira novela de aventuras, sobre os segredos máis fascinantes do universo.
Recomendada para nenos/as a partir de 9 anos.

A HISTORIA DUNHA MENTE PRODIXIOSA

https://www.youtube.com/embed/3kOsN1619D8?rel=0

QUE SON OS BURATOS NEGROS?

https://www.youtube.com/embed/Gxwf3O6PtY4
ENLACE AO VIDEO DE CIENCIA EXPRESS

 SEMPRE ESTARÁS PRESENTE NA CIENCIA!!

luns, 5 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



En decembro de 1977 a asamblea xeral das Nacións Unidas, declarou o 8 de marzo como "Día Internacional da Muller", en homenaxe a todas as mulleres que día a día loitan por un mundo máis igualitario e xusto.
Dende esta Biblioteca, queremos recordar a un home que fixo feminismo cos seus debuxos. O humorista gráfico, falecido recentemente, FORGES.
Estas son algunhas viñetas que mostran a empatía que tiña Forges cos problemas aos que se enfrontan as mulleres.



LECTURAS RECOMENDADAS 



MULLERES QUE CAMBIARON A HISTORIA, MULLERES BRILLANTES...



PREME NA IMAXE, para ver polo miudo, na web do centro  
"MULLERES BRILLANTES"

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/592
 

sábado, 24 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía, cunha exposición de traballos representativos da súa obra. Utilizando diferentes tipos de textos: poema, caligrama (Poema visual, onde as palabras forman o trazo do debuxo) e actividades plásticas.


Belén, responsable do comedor, sorprendeunos con este retrato a carbón de Rosalía... Parabéns!


EXPOSICIÓN DE TRABALLOS NA ENTRADO DO CENTRO



Se queres ver polo miudo, Rosalía en caligramas 
preme na imaxe

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/587


xoves, 15 de febreiro de 2018

VIAXAMOS A ... ÁFRICA

Esta vez LEmundi, na súa viaxe por África, trouxonos unha maleta chea de recordos; a través dos que vamos a coñecer culturalmente este continente.
Tradicións, arte, produtos típicos, literatura, música, proverbios...
Descubrimos a maleta de Kenia, país africano que tomamos como referencia. 

Exposición 

Os nenos e nenas de infantil descubriron na biblioteca a maleta de África.


Na biblioteca os alumno/as de 1º de primaria, atopáronse coa maleta baleira, só había unhas tarxetas que os levaron á exposición de África no vestíbulo do centro. Alí descubriron algunhas curiosidades.

Alumnos/as de 4º de primaria buscando información



 PERSONALIDADES IMPORTANTES
Wangari Muta Maathai; Nyeri, Kenia, 1940 - Nairobi, 2011. Bióloga, ecoloxista keniana, recibiu en 2004 o premio Nobel da PÀZ. 
Promoveu a creación do movemento "Cinturón Verde" protagonizado fundamentalmente por mulleres; cuxo obxectivo foi a plantación das árbores como recurso para a mellora das condicións de vida da poboación.
Dende que comezou este movemento, as mulleres de África levan plantado máis de 30 millóns de árbores.

 Podedes ver unha adaptación do libro "Wangari e as árbores de Paz" ilustrado polos nenos/as de infantil e voces voluntarias de 6º de primaria.

FAUNA AFRICANA
Un libro despregable sobre a fauna africana.



TALLER DE MÁSCARAS AFRICANAS



PROVERBIOS AFRICANOS 


INSTRUMENTOS AFRICANOS



CONTACONTOS: "Un Chocolate moi especial"

Con este conto de Eva María Riber Harráez, aprendemos valores tan importantes como o respecto á diversidade, amizade e a non rexeitar sen coñecer.
PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEOCONTO
https://www.youtube.com/embed/a_1ObpbOceA?rel=0

Pintar con chocolate, despertou nos nenos/as de infantil varios sentidos: vista, olfacto, tacto e gusto tamén.  

Unha experiencia deliciosa!!