E que facemos no verán?....DIVERTIRSE, e se é acompañado/a dun libro, moito mellor. Por iso LEMUNDI deixavos estas recomendacións para disfrutar e imaxinar.
Este recurso incluído no "I PLAN DE ACTUACIÓN PARA A IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA 2016-2020", está de préstamo na Biblioteca e recolle unha relación de libros de temática sobre a "IGUALDADE DE XÉNERO".
Podedes dispor del na Hora de Lectura para: ler, contar, reflexionar, opinar, debater...
MÉXICO será o derradeiro viaxe deste curso. Decubriremos México a través dun libro depregable. Interesarémonos pola súa historia, tradicións culturais, gastronomía, produtos exportados, traxes típicos, música...
... "A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declaraba Mª Victoria.
Agora é a ela a quen homenaxeamos, pola súa paixón pola lingua e traballo, no día das Letras Galegas.
O EDNL, organizou un pequeno acto homenaxe: Entrevista a Mª Victoria, recitado de versos e prosa da súa obra, interpretación coa frauta e cántico do Himno Galego.
CONTOS NA LAREIRA : "A BRÉTEMA" de Mª Victoria
Esas pequenas historias que contaban as avoas a carón do lume ... Reunímonos na biblioteca para contar a historia que Mª Victoria escribiu en "A BRÉTEMA".
Si queredes seguir lendo sobre Mª Victoria Moreno, na Biblioteca tedes algún exemplar da súa obra.
Os Maios é unha festa de interese turístico en Galicia, con tradición na provincia de Ourense e especialmente na capital. Celébrase o primeiro domingo de maio.
Con estas arquitecturas naturais e cantos satíricos, chamados coplas, dase a benvida á PRIMAVERA.
O CEIP Vistahermosa resultou GAÑADOR na categoría infantil, no concurso convocado pola concellería de cultura.