mércores, 27 de febreiro de 2019

ENCONTROS LITERARIOS

27/02/2019

Os alumnos/as de 2º, 3º e 4º de primaria tiveron un encontro literario coa escritora Paula Carballeira, na biblioteca do colexio, para falar sobre as anécdotas do seu libro: "Bruxa e Familia" e contestar as dúbidas , inquedanzas dos pequenos lectores/as.
Previo ao encontro fixeron traballos sobre o libro que Paula observou polo miudo. Xa no encontro falounos de como combatiu os seus medos da infancia, cando escribiu o primeiro poema de amor, cando e con quen  se independizou da súa familia... As risas encheron a nosa Biblioteca.
E unha sorpresa para Paula: Tortas de aniversario segundo a receita do libro que todos/as xuntos degustaron.


PREME NA IMAXE PARA VER O ENCONTRO



18/02/2019 

Os alumnos/as de 5º de primaria tiveron un encontro literario coa escritora Iria Misa, no Liceo de Ourense, para falar de literatura e sobre todo do seu libro que  os alumnos/as acababan de ler:  "Mamá quero ser Ziggy Stardust" .

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREME NA IMAXE





xoves, 21 de febreiro de 2019

TEATRO

Os alumnos/as de  infantil, asistiron ao Auditorio para ver a obra de teatro: "Burbullas de Papel ", que a Afundación obra social ABANCA, ofrece aos centros escolares.
Burbullas de Papel é un espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación dos máis pequenos/as para levalos a un mundo fantástico. 
Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece unha fada falcatrueira que lle axudará a acadar o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo.


mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Celebramos este día nun acto alusivo a esa pequena e gran palabra "PAZ" que nos inspira a facer grandes cousas para mellorar o noso mundo de violencia.

Mural colaborativo con palabras máxicas.


Lecturas pola PAZ, contos e poemas contados e recitados polo profesorado.

PREME NA IMAXE


Para mellorar a animación, o profe Jose preparounos unha mesa de luz aproveitando material de refugallo.



Movamos o Mundo: Banda sonora "We will rock you" de Queen, letra pacifista alumnos/as do CEIP Vistahermosa.




Decoración dos chanzos da escaleira con versos do poema "O Reino" do libro "Longa noite de pedra", Celso Emilio Ferreiro.



" Message in a bottle", the Police. Recibimos mensaxes de Paz .

 



PREME NA IMAXE PARA VER UNHA ESCOLMA DE FOTOS



FELIZ DÍA DA PAZ!!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

CONTACONTOS

O luns 21 de xaneiro, tivemos un contacontos para os alumnos/as de relixión dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, contado por Iago e ofrecido pola editorial Anaya a través da Infancia Misioneira, sobre o libro: "Alma y la isla", de Mónica Rodríguez e Ester García (ilustradora).

Este libro foi XII premio Anaya de literatura infantil e xuvenil, 2016 e finalista premio Fundación Cuatrogatos, 2017.

Os temas e valores que trata o libro son: 
- Coñecer a realidade da inmigración ilegal.
- Importancia da familia.
- Solidaridade cos semellantes.
- Amizade.



Venres 25, contacontos para os cursos de 1º primaria,4º, 5º, e 6º de infantil.
A cargo de Brais Moure, "Un bosque nunha maleta", dentro do programa de actividades que oferta o concello de Ourense.

Aprendemos un montón de nomes de árbores autóctonos, os beneficios que ten o bosque para a saúde, descubrimos o que é "Shinrin yoku" (baño de bosque) e a necesidade de coidar os bosques e non contaminar.




venres, 21 de decembro de 2018

FELICITACIÓN





GUÍA DE LECTURA

Un libro, un conto, algo para ler... sempre é un bo agasallo.
Aqui tedes algunhas recomendacións






xoves, 20 de decembro de 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis o ENDL e Biblioteca, organiza esta actividade creativa co gallo de felicitar estas festas aos máis queridos.


As postais seleccionadas foron as de:
Antía Camino Rodríguez (4º de infantil)
Ailyn Gonzalo García (5º de primaria).


Todas son gañadoras!