Hoxe visitounos Sabela Gago, para facernos disfrutar do teatro, da interpretación con bo humor. Sabela, sabe perfectamente facernos participar das historias sacándonos un sorriso.
Así disfrutaron os nenos/as de infantil e primaria dos contos teatrealizados de Sabela.
Neste trimestre desenvolvemos o proxecto: "VIAXAMOS A ... ILLAS BRITÁNICAS" a través da súa literatura e personaxes característicos (Freddie Mercury, David Bowie). Tamén ambientouse a entrada do colexio coa colaboración de Belén (responsable do comedor).
Unha recompilación de libros da literatura británica, escritores/as como: James Matthew "Peter Pan", Julia Donaldson "O Grúfalo", Jonathan Swift "Los Viajes de Gulliver", Roald Dahl "Charlie e a fábrica de Chocolate", "James y el melocotón gigante", "El gran Gigante Bonachób", "El cocodrilo enorme", Lewis Carroll "Alicia en el país de las maravillas", Robert Louis Stevenson " A illa do tesouro", Daniel Defoe"Robinson Crusoe". Libros cos que disfrutamos, aprendemos e serviunos como temática para o noso entroido.
Contos e personaxes característicos Británicos no entroido
Exposición de traballos
Representación do conto: " O GRÚFALO", polos nenos/as de 5º de infantil.
Todos/as xuntos/as, no patio do colexio, reivindicando os dereitos das mulleres a través dos versos de Rosalía.
Música: Matriarcas, Lúas de outubro e agosto. Guadi Galego.
O 24 de febreiro, día de Rosalía e 8 de marzo, día Internacional da Muller son dúas datas que este ano van da man. O equipo de Biblioteca e EDLG, unirémonos á proposta da AELG "Do XIX ao XXI " #LibreOMeuPensamento_rdc_19 participando nunha mani-FESTA-acción con pancartas que reivindiquen os dereitos das mulleres a través dos versos de Rosalía.
Na entrada do colexio temos unha exposición para homenaxear a figura e o traballo de Rosalía de Castro:
Carteis
Comics
Ilustración de poemas de Rosalía
Rosalía ReBOTada (infografía robótica)
Robots portando pancartas con mensaxes dos versos de Rosalía
Piano virtual cos robots (cancións dedicadas a Rosalía : Adiós Ríos..., Parabéns para ti)
ABN con Rosalía (Tantos como)
PREME NA IMAXE
PREME NA IMAXE PARA VER " ROSALÍA EN VIÑETAS"
Na clase de ABN, pon tantas pinzas na tarxeta como elementos atopes na portada do libro: Rosalía. Luisa Carnes. Prólogo de María Xesús Lama.
27/02/2019 Os alumnos/as de 2º, 3º e 4º de primaria tiveron un encontro literario coa escritora Paula Carballeira, na biblioteca do colexio, para falar sobre as anécdotas do seu libro:"Bruxa e Familia" e contestar as dúbidas , inquedanzas dos pequenos lectores/as. Previo ao encontro fixeron traballos sobre o libro que Paula observou polo miudo. Xa no encontro falounos de como combatiu os seus medos da infancia, cando escribiu o primeiro poema de amor, cando e con quen se independizou da súa familia... As risas encheron a nosa Biblioteca. E unha sorpresa para Paula: Tortas de aniversario segundo a receita do libro que todos/as xuntos degustaron.
PREME NA IMAXE PARA VER O ENCONTRO
18/02/2019 Os alumnos/as de 5º de primaria tiveron un encontro literario coa escritora Iria Misa, no Liceo de Ourense, para falar de literatura e sobre todo do seu libro que os alumnos/as acababan de ler: "Mamá quero ser Ziggy Stardust" .
Os alumnos/as de infantil, asistiron ao Auditorio para ver a obra de teatro: "Burbullas de Papel ", que a Afundación obra social ABANCA, ofrece aos centros escolares.
Burbullas de Papel é un espectáculosen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación dos máis pequenos/as para levalos a un mundo fantástico.
Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece unha fada falcatrueira que lle axudará a acadar o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo.