venres, 26 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

Durante esta semana e para conmemorar o "Día do libro", fixéronse diversas actividades:
  • Apadriñamento lector. Os maiores de primaria buscaron libremente un recuncho no cole (corredor, biblioteca, ximnasio, salón de actos...) para lerlle aos máis pequenos. 
  • Troco de libros. Esta actividade está pensada para renovar a biblioteca da casa. Trae un libro que xa non che interese e colle outro que che guste.
  • Exposición de libros "A nosa editorial". Na entrada do cole temos unha pequena exposición de libros feitos por nós.
  • A FARMATECA. A Farmateca tivo unha misión ... en infantil visitou as aulas para comprobar que a súa biblioteca de aula estivera ben ordenada e os libros ben coidados, tamén deixou uns medicamentos para o aborrecemento. En primaria os medicamentos estaban indicados para tratar as seguintes patoloxías: Adicción á tecnoloxía, oborrecemento, deficiente comprensión lectora, lectura moi lenta ou demasiado rápida...
PREME NA IMAXE PARA LER O PROSPECTO 


Recompilación das actividades



venres, 12 de abril de 2019

O GRÚFALO

Os nenos/as de 5º de infantil representaron xunto coa súa profe, o conto: " O GRÚFALO" de Julia Donaldson.  Conto  que traballaron para o proxecto "ILLAS BRITÁNICAS".


NORABOA !! Polo ben que o fixeron.

martes, 2 de abril de 2019

VISITA AO PAZO DA CULTURA EN PONTEVEDRA


O ALUMNADO DE 3º CONVIDADO AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.

Tras o traballo dunha secuencia didáctica sobre o texto literario (CONTO) durante un trimestre, o alumnado de 3º de primaria escribiu en equipo cinco contos a partir da análise de obras de arte italianas (enmarcado dentro do proxecto da biblioteca sobre Italia).

Unha vez escritos, revisados e maquetados, foron convidados polo Salón do libro de Pontevedra, como centro colaborador. Deste xeito, as súas creacións foron expostas dende o 22 de marzo ao 12 de abril.
O día 1 de abril fomos de excursión ata a cidade pontevedresa para ver in situ os seus escritos. Alí participaron nun obradoiro de escritura antiga, e ademáis tivemos unha visita guiada á exposición, que este ano versaba sobre a REVOLUCIÓN.
Foi unha experiencia moi emocionante e motivadora para seguir escribindo!


PREME NA IMAXE PARA VER A EXPERIENCIA



luns, 1 de abril de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS: LUÍS SEOANE

O 1 de abril, celebramos o día das  "Artes Galegas", homenaxeando a Luís Seoane, con actividades creativas e artísticas sobre a súa obra.

Interpretación da obra "Bodegón de Peixes", con diferentes técnicas plásticas.


Poemas para ilustrar a obra "o Gaiteiro", e collage sobre "Retrato de esguello".


Reescribindo a Luís Seoane

PREME NA IMAXE PARA VER OS RELATOS

Interpretación corporal da obra "Baile" e sobre a xilografía.



Actividade plástica sobre a obra "O Gaiteiro"


Tamén na aula de música traballouse: A gaita e outros instrumentos que aparecen nos seus cadros. 







Para saber máis sobre Luís Seoane:


domingo, 31 de marzo de 2019

MALETA VIAXEIRA

Durante o mes de marzo tivemos con nós a "MALETA VIAXEIRA" coa temática de ciencia. Un programa que nos ofrece a Asesoría de bibliotecas escolares.
Durante este tempo disfrutamos do contido da mateta e tamén serviunos para interesarnos sobre libros de ciencia, da nosa biblioteca.



Se che gustou algún libro aquí tes a referencia. preme na imaxe


venres, 29 de marzo de 2019

SABELA GAGO CON NÓS

Hoxe visitounos Sabela Gago, para facernos disfrutar do teatro, da interpretación con bo humor. Sabela, sabe perfectamente facernos participar das historias sacándonos un sorriso. 



Así disfrutaron os nenos/as de infantil e primaria dos contos teatrealizados de Sabela.



xoves, 21 de marzo de 2019

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

"A poesía, din, é a memoria do mundo". Juan Marqués

Celebramos este día con actividades  na biblioteca, xogando coa palabra coa imaxe até obter o seu zume.

ACTIVIDADES
  • Infantil e 1º de primaria: Xogo de búsqueda de imaxes para completar un pareado.
  • 2º de Primaria: Atopar rimas por parellas e adiviñar o que cada neno/a levaba na cabeza.
  • 3º de Primaria: Completar un poema do libro de Roald Dahl, "James y el melocotón gigante", con palabras que rimen.
  • 4º de Primaria: Recitado dun poema de "Alicia no pais das maravillas"
  • 5º e 6º de primaria: Composición de poemas a partir de versos soltos de diferentes poemas.

PRIMARIA
https://drive.google.com/open?id=1w_01MG5BPbXd-6QQSx-MWMyz7NGeT-Fq


PAREADOS


INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
https://drive.google.com/open?id=10aovA_5T8uwAH2XBH5I3NtOt91Ge7cCE