venres, 28 de febreiro de 2020

ROSALÍA ERRANTE

Os alumnos/as de 5º e 6º de primaria traballaron o poema de "Adiós ríos, adiós fontes" de Cantares Gallegos para tratar os temas de migración en todos os seus aspectos.

PREME NA IMAXE PARA VER A PUBLICACIÓN NA WEB



Dentro da actividade "Decoramos as portas cos pintores": As meninas de Velázquez.

mércores, 26 de febreiro de 2020

PROXECTO PINTOR NO ENTROIDO

O entroido axudounos a visualizar de xeito creativo a obra dos grandes pintores. 
Cada clase escolleu un pintor, pintora, un estilo, unha obra... para o desfile de entroido, celebrado o venres no patio do colexio, ante as familia que contribuíron activamente na composición dos disfraces.
Este foi o contido: 
Ed Infantil-  César Prada e as súas Lupitas
1º EP - Sopa Campbell de Andy Warhol
2º EP- Pintoras e pintores
3º EP- Frida Kahlo
4º EP- Fantasía de Matisse
5º EP- Pop Art
6º EP- Carnaval no museo


xoves, 30 de xaneiro de 2020

CONSTRUÍNDO A PAZ CON MOITA ARTE

Dende a biblioteca aportáronse actividades para conmemorar todos xuntos/as este día simbólico:
  • Exposición de libros relacionados coa temática.
  • Contacontos pola PAZ. Os nenos/as de 6ª de primaria prepararon varios contos para contar, dramatizar, expresar ... aos seus compañeiros/as, desde infantil ata 5º de primaria.
  • Construíndo a PAZ con moita arte (Actividade encadrada dentro do proxecto dos pintores). Cada clase buscou unha obra de arte con temática inclusiva, solidaria, pacifista... para facer un crebacabezas para logo agasallar a outra clase.





Preme nos enlaces, para ver máis.



mércores, 29 de xaneiro de 2020

3ª cita CLUB DE LECTURA

O libro de Marga Tojo, que comentamos nesta cita, foi un libro de poesía: "Cara de velocidade"

Cada participante elixiu e leu o seu poema favorito. Despois da lectura e comentario, fixeron unha actividade que consistiu en decorar marcapáxinas onde escribiron os versos que máis lles gustaron.
Rematou a actividade elaborando unha merenda: "Caras de velocidade comestibles". Riquísimas!




Próxima cita, 17 de marzo. "Quokka Moka" de María Solar.
Animádevos!

xoves, 23 de xaneiro de 2020

IGUÁLA-T

Nesta sección verás  unha escolma de libros relacionados coa igualdade. 


mércores, 18 de decembro de 2019

GUÍA DE LECTURAS e NADAL SOStible

Os libros e os xogos de aprendizaxe provocan nos nenos/as accións  de  crear, soñar, fabular, compartir ... 


Tamén vos recomendamos este Nadal: Xoguetes de aprendizaxe e xogos didácticos. Podes visitar  a nosa sección de xogos.  

E por suposto, o compromiso de facer entre todos/as un NADAL SOStible.
Preme na imaxe para ver os compromisos, consignas e accións que imos levar a cabo, na escola e na casa, para loitar contra o Cambio Climático.


venres, 13 de decembro de 2019

PROXECTO: OS PINTORES/AS

Este curso o proxecto interdisciplinar que propón a Biblioteca é:  Coñecer, recoñecer e inspirarse nas obras de pintores/as cercanos/as (ourensáns, galegos ) e os grandes clásicos.

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE.

Visita de César Prada
Elexiuse un pintor ourensán, que destaca pola cor, liñas e a aparición nas súas obras dunha figura "A lupita" que representa según o pintor o recoñecemento, valía e admiración ás mulleres.

César Prada , debuxounos varios modelos de "Lupitas" que foron repartidos entre os nenos/as de infantil. Unha vez vista a obra de César e saber un pouco da súa vida, os nenos/as, interpretaron coas cores o seu traballo. 

Posteriormente, César Prada tivo a amabilidade de visitarnos na Biblioteca. foi unha sesión bastante descontrolada de emocións, os nenos/as aproveitaron para facerlle algunhas preguntas e tamén lle contaron da súa vida. Mostraron un afecto que non vai esquecer. Tamén nos agasallou cun debuxo en directo.

Dicir que, César Prada estivo un bo rato admirando a obra dos nenos/as.




Para ver o seu traballo entra na páxina

            
MOITAS GRAZAS CÉSAR!

Decoración de portas
Os alumnos/as de 4º de primaria fixeron un collage da obra de Piet Mondrian para decorar a porta de Biblioteca.



A árbore da vida de Gustav klimt



"Lupitas", César Prada.


"As meninas" de Velázquez


Contos inspirados na obra de Gustav Klimt: "A árbore da vida"


Murais  "As tesoiras de Matisse"

Láminas feitas nas clases de plástica (5º e 6º de primaria), sobre a obra de Paul klee


Cores cálidos e fríos con: "El cuadrado de Mondrián quiere ser cíclope" e "La mancha de Paul klee quiere ser pirata"



Exposición - Homenaxe ao Picasso Galego (Labajjo Grandío)