- Recreación con plastilina dos aparatos do corpo: Respiratorio, dixestivo.
- Trebellos típicos dos artesáns que traballaban nos gremios na Idade Media.
- Como funciona unha nora?
- Construción de armas madievais: Arco e frecha con material de refugallo, catapulta...
- Escritura medieval. Elaboración da tinta empregada na época medieval.
- Tinguir con café o papel para semellar un pergameo.
- Peso relacionado coa densidade.
- Microscopio para identificar e buscar coronavirus.
- Elaboración dun "Xogo de luz ABN": Para relacionar o número coa cantidade, grafía e tantos coma...
sábado, 28 de novembro de 2020
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
domingo, 15 de novembro de 2020
#DíaInternacionalContraViolenciaXénero
O 25 de novembro, é un día para reflexionar sobre canto avanzamos na igualdade e como consecuencia que aportacións facemos cada un de nós para erradicar a violencia de xénero.
Despois desta presentación "Mulleres con moito que dicir".
sábado, 14 de novembro de 2020
CIRCUÍTO ESCORNABÓTICO DE MAGOSTO- BIBLIOTECA CREATIVA
Entra na sección Biblioteca Creativa do CEIP Vistahermosa, para ver a actividade escornabótica inspirada na carreira do San Martiño e o xogo con buxainas e escornabots.
luns, 26 de outubro de 2020
POLO SAMAÍN...
Non esquezades participar no xa clásico "CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE MEDO", este curso ambientado nos misterios da Idade Media.
Xa estamos esperando os vosos textos cheos de creatividade e imaxinación.
Ánimo e participa!
Xa están aquí os relatos... en primeiro lugar decirvos MOITAS GRAZAS! por participar e así volo agradecemos co mellor agasallo "UN LIBRO".
Podedes ver un anaquiño dos marabillosos e terroríficos relatos que estarán á vosa disposición na biblioteca.
Os Fantom de Patricia Mallo.
Escape Room, atentos/as á presentación que fan os teus compañeiros/as.
sábado, 24 de outubro de 2020
Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI)
Semana AMI, do 24 ao 31 de outubro, a proposta da UNESCO.
"Resistir a desinfodemia: Alfabetización mediática e información para todos e todas".
Con esta presentación pretendemos aconsellar sobre o uso seguro e responsable da tecnoloxía.
Pra saber máis
luns, 19 de outubro de 2020
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón
Quedamos o día 27 de outubro para facer o primeiro club de lectura on-line. Sobre o libro de Jacobo Fernández Serrano: "A avoa power"
O día 23 faremos entrega de marcapáxinas.
sábado, 3 de outubro de 2020
PROXECTO INTERDISCIPLINAR: " A IDADE MEDIA"
Dende a Biblioteca, propoñemos para este curso o proxecto interdisciplinar :
"A IDADE MEDIA".
Debido ás circunstancias pola COVID-19, todo o proceso de motivación, orientación e información do proxecto, será comunicado a través do blog da biblioteca.
Se queres aprender sobre este período histórico imos xa á máquina do tempo para retroceder ao século V, andaremos ata o século XV.
XOGO DE MEMORIA
PRESENTACIÓN DA LENDA DO REI ARTUR
Intenta adiviñar como segue a historia antes de pasar a páxina
O CONDE LUCANOR
Xogo interactivo
O equipo de biblioteca espera, espertar curiosidade e interese por iste proxecto













