Comezamos o curso coa prensentación do PDI "Cociña". Ao longo do curso desenvolveremos o contido do proxecto con actividades, obradoiros, consellos saudables, gastronomía internacional e boas prácticas.
martes, 27 de setembro de 2022
xoves, 16 de xuño de 2022
RECUNCHO CREATIVO
Este curso, habilitamos un espazo anexo á biblioteca, para montar o noso Recuncho Creativo. Un lugar onde relaxarse coa lectura, disfrutar dos xogos de mesa individual ou en equipo.
sábado, 4 de xuño de 2022
5ª CITA CLUB DE LECTURA
Rematamos o club de lectura de 6º, co libro: "O que lle aconteceu a Barnaby Brocket" de John Boyne.
Un libro que trata as diferenzas e a diversidade nun mundo pouco tolerante. Despois de debater e comentar, entregáronse cadanseu libro como agasallo por ter participado no Club de Lectura, os tres últimos cursos.
"O que lle aconteceu a Barnaby Brocket" de John Boyne.sábado, 28 de maio de 2022
RESUMO DE ACTIVIDADES "PDI ECOmundi"
ECOmundi, acompañounos ao longo do curso neste proxecto desenvolvido pola biblioteca de xeito interdisciplinar. Plantexándonos actividades, retos, recomendacións... para manter un planeta sostible, sudable e unha filosofía ecolóxica de vida.
O PDI "ECOmundi", estivo estructurado en catro líñas de creación: lixoGUETES, reciclARTE, instrumentos musiEcolóxicos, moda ECOmplementos.

















