xoves, 27 de abril de 2023

3ª CITA CLUB DE LECTURA

 Nesta nova cita do club de lectura, comentouse o libro "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas.

Logo, escolleron algún dos seus libros favoritos para recomendarllos aos seus compañeiros/as.



luns, 24 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Durante esta semana, para conmemorar o día do libro, fixéronse actividades diversas:

- Apadriñamento lector.  As lectoras e lectores ocupáronse de ir buscar aos seus pequenos, saír a un recuncho do patio e pasar un rato lendo, imaxinando e intercambiando contos.


- "Comida de cuento" de Arancha Perpiñan. Despois de ver o conto , os nenos/as de 1º, programaron o beebot para asociar cada conto clásico co seu alimento e mentres o beebot facía o percorrido contaban un pequeno resumo ou anécdota do conto. 

En infantil asociaron cada conto co seu alimento, programando o escornabot.






- ... Instruccións para curar un libro doente. Seguindo as indicacións de Paula Carballeira, nenos e nenas de 5º de primaria, visitaron as clases de 2º,3º e 4º, para recomendarlles como coidar dos libros.

- Como tódolos anos polo Día do Libro, a Dra. Cecilia, visitou as aulas de infantil para comprobar o benestar das bibliotecas de aula. Despois de medir a febre aos libros, tomarlles a tensión, vacinar contra o mal trato... chegou á conclusión que o alumnado de infantil sabe moi ben como coidar e disfrutar dos seus libros; por iso levaron o distintivo "Corazón Verde", a máxima puntuación.


- Materiais elaborados.

mércores, 29 de marzo de 2023

MUSEO ENCAIXADO

 Xa estamos preparando as nosas creacións para conmemorar "O día da Arte" (15 de abril). 

O alumnado de 1º de primaria coa axuda da súa mestra, versionou obras moi coñecidas reciclando materiais e montaron o seu propio Museo Encaixado. O resto do alumnado do centro participou nunha visita guiada e actividades creativas.

ARCOvista, é  arte contemporáneo que o alumnado de infantil foi creando  a partir dun elemento de reciclaxe.

- Medusas en papel absorbente, pintadas con goteiros.
- Muros decorados en estructuras de reciclaxe (Debuxo modular).
- Semicírculos de cartón que inspiran arte.



mércores, 22 de marzo de 2023

VERBATECA-LABORATORIO DE PALABRAS

 Esta actividade ofertada polo concello de Ourense, consiste en promover xogos para fomentar a observación, memoria, expresión oral, corporal e coñecemento de palabras en lingua galega así como motivar á lectura por medio da oralidade.

A través de retos os nenos/as conseguiron superar tódalas probas.


Foi moi divertido aprender e recordar palabras en galego!

luns, 20 de marzo de 2023

DEGUSTANDO POEMAS

 Quédanos unha semana por diante para celebrar o día da poesía e xa se están cociñando algúns poemas para a súa degustación. 

Propoñemos: Xogos con poemas, recollidos na seguinte UD.

CONTIDO DA UD:

- Emparella versos saborosos

- Crea os teus propios "Poemas para merendar"

- Ordena os versos do Poema "Liñas ao Roquefort" de J. Antonio Ramírez Lozano.

- Completa o poema...

-Versionamos "Cea para dous" de Marga Tojo

- Metáforas que alimentan

- Caligrafía Creativa


Algúns adianto: Recitando e interpretando poemas.

- "Cea para dous" poema recollido no libro "Cara de Velocidade" de Marga Tojo. 

Interpretado polo alumnado de 1º de primaria e colabora Camilo, responsable do comedor.


- "Liñas ao roquefort" poema recollido no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.

Recitado e interpretado polos alumnos/as do club de lectura de 6º de primaria.


- Taller de escritura creativa (lettering)


"Cocido de ceros"  e "Bufanda ao pescozo" poemas recollidos no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.

Recitados e interpretados polos alumnos/as de 4º de primaria.





- "Misión especial no comedor escolar" Poema recollido no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.
Recitado e  interpretado polos alumnos/as de  infantil.




- "As árbores alimentan" un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.

O alumnado de 3º signa e recita o poema  en Lingua de Signos, 
As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.



- Menú de Poesía. Os alumnos/as de 5º de primaria presentáronnos o restaurante da biblioteca, onde podemos degustar o menú de poesía por un prezo accesible.

venres, 17 de marzo de 2023

DIA DO CÓMIC

Os vosos compañeiros/as fixéronvos unhas recomendacións de cómics por si queredes pasarvos pola biblioteca e disfrutar destes días lendo historietas.





luns, 13 de marzo de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras de 6º de infantil, xa están de volta no colexio, cheas de experiencias, actividades e un anaco das familias.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLO VOSO TEMPO DE LER!