Un grupo de nenos/as de 2º de primaria participou nunha sesión do club de lectura, con debate e xogos relativos ao libro de Jacobo Fernández Serrano "Avoa Power"
martes, 9 de abril de 2024
venres, 5 de abril de 2024
MOCHILAS VIAXEIRAS
Remata a actividade "Hora de Ler" (6º de infantil), coas mochilas viaxeiras que estiveron funcionando ao longo dos trimestres.
"A mellor lectura, desfrútase en familia"
A actividade consistía en realizar no bloc en colaboración coa familia un debuxo, receita, manualidade, fotografía, texto...Estas son as vosas creacións!
martes, 2 de abril de 2024
VISITA Á BIBLIOTECA DO NOSO ENTORNO
O alumnado de 2º de primaria , visitou a biblioteca municipal da Ponte.
A bibliotecaria, explicoulles como identificar os libros dos andeis. Despois a cativada participou nunha animación á lectura e tamén desfrutaron dun tempo libre de lectura.
venres, 22 de marzo de 2024
ESPECTÁCULO DE MAXIA
....Que pasa cando se xuntan as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos? Pois a maxia apodérase dos contos e os contacontos convírtense en "Contamaxias"
PREME NA IMAXE para ver algúns dos mellores momentos
mércores, 20 de marzo de 2024
MES DA POESÍA
OBRADOIRO DE POESÍA: Materiais e recursos para traballar a poesía creativa.
luns, 18 de marzo de 2024
17 de MARZO, DÍA DA BANDA DESEÑADA
Para conmemorar este día, o alumnado despois de ver o video sobre este conto en inglés: "The Good Egg", de Jordy John e peete Oswald; traballou en equipo para pasalo a banda deseñada. Unha historia relativa á convivencia entre iguais.
Como actividade creativa final, decoraron oviños para representar aos personaxes do conto.
- Obradoiro de: Banda deseñada.
venres, 8 de marzo de 2024
#8M
Con este libro interactivo desenvolven distintas habilidades STEAM, rompendo cos estereotipos de xénero e potenciando un achegamento ao ámbito científico-tecnolóxico soldando e cableando circuítos eléctricos dun xeito creativo e estético.







