venres, 20 de decembro de 2024

OBRA DE TEATRO: "UNHA FAMILIA CALQUERA"

 O club de lectura de 6º de primaria, estivo durante todo o primeiro trimestre ensaiando unha obra de teatro de creación propia, para representar aos seus compañeiros/as e profes no nadal.

Coa obra, "Unha familia calquera", quérese visibilizar tipos de familias que existen na sociedade actual e  facer unha pequena reflexión de como reconducir esas condutas ou roles familiares. Todo isto cun toque de humor.


Moitas grazas!

 Pola vosa creatividade, dedicación, esforzo e diversión.

mércores, 18 de decembro de 2024

QUE CABE NUN CALCETÍN?

 O club de lectura de 4º de primaria, comezaron a ler o libro de Paula Carballeira: "Que cabe nun calcetín? 


Rrepresentaron, unha obriña curta sobre a Befana. os ensaios remataron cunha degustación de ensalada de pasta.

PREME NA IMAXE



martes, 17 de decembro de 2024

luns, 16 de decembro de 2024

ADORNOS DE NADAL, PERSONALIZADOS COA IMPRESORA 3D




Nestas datas, encántanos decorar a árbore e os espazos do centro así que imprimimos estas pezas en 3D:

-Bolas personalizadas cos nomes escritos polo alumnado de infantil.

-Palabras do Nadal. Cada clase Elixiru unha palabra que representara o Nadal e imprimímola coa impresora 3D para decorar as escaleiras do centro.



xoves, 28 de novembro de 2024

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

 Durante o mes de novembro estivo na entrada do colexio un xogo de estimación (de cantidade, peso e medida),  no que o alumnado podía participar dando a súa resposta e metendoa na furna. 

As preguntas eran:

Cantas pensas que hai?. Que botella pesa máis?, A corda mide máis ou menos dun metro?

Así foi o proceso:

Os alumnos/as de 6ª de infantil, fixeron o reconto:

Estes foron o resultados:




Moitos/as aproximáronse, pero houbo unha acertante de todas as cuestións: 
NORABOA   MAR!



Os nenos e nenas de 4º de infantil, descubriron como se forma un peixe globo, reaccionando o vinagre con bicarbonato e un golpiño, para axudar a mesturar.


Na aula de 5º de infantil, sorprendéronse ao ver como a auga tinguida de cor, subía por un material poroso (Capilaridade).
- Arco da vella de sal.
- Botellas sensoriais.



xoves, 21 de novembro de 2024

1ª CITA CLUB DE LECTURA

" 1, 2, 3...Todos a ler", foi  o nome elexido polo grupo, para os integrantes do club de lectura de 3º de primaria.

Falaron e comentaron o libro "Coidado Extraterrestres" de Jaques Benoir.

Ademáis, elaboraron e degustaron nigiris de salmón.



domingo, 10 de novembro de 2024

POLOS CREATIVOS

 Xa dispoñemos na biblioteca do material enviado pola Xunta de Galicia, para Polos Creativos


Un kit para traballar a creatividade a través da superación de retos, resolución de problemas ou a construción de prototipos... e así, fomentar as competencias STEM  e as vocacións científica, matemática.