sábado, 15 de novembro de 2025

RADIOTEATRO DE SAMAÍN

 O club de lectura "Os fabulos@s", gravaron na radio, uns podcasts teatralizados, basados no libro "Medo me da" de Ramón D. Veiga.

- "Unha pantasma na lavandería".

- "Catuxa e a esteticista". 



martes, 4 de novembro de 2025

1ª CITA, CLUB DE LECTURA "OS BAFULOS@S"

 O club de lectura de 6º de primaria, reuniuse para comentar e debater varios contos de Oscar Wilde. Chamaron a súa atención personaxes coma o xigante egoista, o principe feliz e o foguete fachendoso.


A próxima lectura será: "Lúa do Senegal" de Agustín Fernández Paz.

mércores, 29 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Que mellor maneira de celebrar o "día das bibliotecas"... na nosa Biblioteca e con Sabela Gago, que dixo que a nosa biblioteca era acolledora e viva. Pois viv@s e participativ@s nos fixo sentir  coa historia de "Irene e o seu soño".


Tamén o longo da semana desenvolvéronse diversas actividades na biblioteca coa temática do PDI deste curso "ANIMALIÑOS":

ACTIVIDADES PARA OS DISTINTOS NIVEIS:

PRIMARIA

- Escape room interactivo, "Reto na granxa".

- Xogo co beebot para atopar animais iguais.

- Xogo matemático con animais ovíparos.

- Busca e atopa no cartaz os animais, segundo a descripción.

- Oca animal

- Marcapáxinas de papiroflexia

- Rosco de pasabalabra con nomes de animais.

- Chega co escornabot ata o debuxo do animal descrito.

- Reto animado.

- Concurso vertebrado.

- Descubre a miña mascota coloreando.

- Mi amigo Elmer.

- Papiroflexia de animais.

- Tangram de animais.

- Sopa de letas deanimais.

INFANTIL

- Contacontos: ¿ Que seré cuando crezca?, Nicola Davies.

- Xogo, ordenar secuencias do conto.

- Decoración de ovos sorpresa, para adiviñar na mesa de luz.

- Xogo de adiviñar animais polo tacto.

- Xogo libre de cabanas e animais.



venres, 24 de outubro de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Hoxe conmemorando o día das BIBLIOTECAS, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras en infantil.


As mochilas van cargadas de contos de aventuras, emocións, información, cociña, manualidades, inglés, revistas, xogos... e un caderno de actividades para facer en familia.

Permanecerán na casa 15 días, pasado ese tempo, regresarán ás aulas para ver e contar a experiencia aos seus compañeir@s.

Que disfrutedes moito!

PRESENTACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA

Arrancan os clubs de lectura de 6º, 5º e 4º de primaria, reuniránse de seguido para comentar os libros elexidos:

- Os fabulos@s (6º de primaria).
 

"O XIGANTE EGOISTA E OUTROS CONTOS", Oscar Wilde.
Este libro reúne os contos máis fermosos e conmovedores de Óscar Wilde, os seus relatos máis preñados de valores morais. Os protagonistas destes contos alcanzan a felicidade e o amor cando, renunciando ao egoísmo, móstranse amables e xenerosos e preocúpanse polo ben dos demais.

- Pingas lectora (5º de primaria)

"NEKO", Eva Mejuto.
Unha tenra historia para tratar, desde a ollada dunha nena, as consecuencias da violencia de xénero.Neko é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus sentimentos e vivencias de violencia.

- Un ,dous, tres, tod@s a ler (4º de primaria)
 
"LA MARAVILLOSA MEDICINA DE JORGE", Roald Dahl.
Jorge, empeñado en cambiar a su desagradable abuela, inventa una maravillosa medicina con la que consigue transformarla. Pero nada resulta como Jorge esperaba. Los animales de la granja tambien toman la medicina, y las situaciones más disparatadas no se hacen esperar.



xoves, 23 de outubro de 2025

martes, 17 de xuño de 2025