xoves, 21 de decembro de 2017

xoves, 30 de novembro de 2017

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

"... LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO. "

Animámosvos a que durante este mes elixades como temática de lectura CIENCIA.
Tamén, podedes achegar os vosos experimentos para o disfrute de todos/as.
 Unha pequena recopilación de libros de ciencia na biblioteca

MÁIS INFORMACIÓN
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1030

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES

Durante este mes de novembro fixéronse varios experimentos alentando a curiosidade nos nenos e nenas. 
Estas experiencias expuxéronse no vestíbulo do centro para que toda a comunidade disfrutara delas. 

EXPERIMENTOS COMO:

-  Un compás que nos indica o norte 
-  Xermolación e crecemento dunha planta 
- Cenorias mutantes 
- Prácticas de observación  (microscopio, lupa...)  
- O ovo, observación dunha célula
-  Lacasitos que destiñen: colorantes 
- Ovo saltarín 
- Lámpada de lava
- Que lle pasa ao óso de polo se o metemos en vinagre?
- Flotar en auga de sal
- Fabricación de plastilina caseira
- Globo, portador de mensaxeS
- Pinturas de cores
- Observación do efecto da capilaridade
- Bolas que levitan
- Maxia coa refracción
- Mensaxe segreda
- Robótica


Taboleiro de "Contos por teléfono" de Rodari, e xogando co Beebot.


 LABORATORIO MÓBIL


mércores, 22 de novembro de 2017

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero segue sendo unha das principais secuelas da nosa sociedade. É importante tomar conciencia desta situación que nos  rodea.
Dende a Biblioteca animámosvos a reflexionar ante esta problemática.
Publicaremos as actividades conmemorativas que fagades. 

 DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS:

"Todos los seres humanos nacen libres e iguales en dignidad y derechos» y que «toda persona tiene todos los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, [...] nacimiento o cualquier otra condición»."

ELEFANTES E ELEFANTAS SON GRISES, SON IGUAIS

Na Biblioteca os nenos e nenas de EI, visionaron o conto "ROSA CARAMELO" Ed, Kalandraka.
... Na manada todas as elefantas son rosas menos Margarita  que descubrirá que as elefantas teñen prohibido facer cousas reservadas aos elefantes. Margarita non acepta esa tradición e mostrará as súas compañeiras que a igualdade non é utopía.
A cor rosa non é exclusiva dun xénero, so é unha cor.




DINÁMICA DE EXPRESIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PREME NA IMAXE PARA VER A ACTIVIDADE 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/565

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/565

CLUBE DE LECTURA

 O alumnado de 6º, analizou o libro de "ARTUR  E CLEMENTINA", Ed Kalandraka ... Unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.

Comentaron o que sabían  sobre violencia de xénero e opinaron sobre frases machistas e acontecementos vistos no xornal.

 

mércores, 8 de novembro de 2017

ANÍMATE A VISITARME!!

Así é a nosa pequena Biblioteca: Acolledora, afable...  con espazos diferenciados para o disfrute dos usuariaos/as e con recursos que complementan  a aprendizaxe.


FOLLETO INFORMATIVO USUARIO



"... a biblioteca escolar, concebida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, xenera contextos educativos fértiles para a adquisición de competencias clave para o alumnado que medra na sociedade da información e contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo. "

martes, 31 de outubro de 2017

CONCURSO RELATO DE MEDO

Pide un folleto na biblioteca ou ao teu titor/a, escribe o teu relato de terror. Se foses seleccionado/a, terás un agasallo e lerasllo aos teus compañeiros/as, nunha mañá de terror.

ANÍMATE E PARTICIPA!!

 









Xa temos os relatos que participaron neste concurso.
 Gañadores e Participantes 
NORABOA!  polas vosas creacións.

Os gañadores tiveron a oportunidade de ler os seus relatos aos compañeiros/as nun pequeno acto onde non faltaron disfraces, canción e coreografía: "Os esqueletos", baile polos máis pequenos: "flashmob  zombi"  e esconxuro.



xoves, 26 de outubro de 2017

A BIBLIOTECA COAS TRADICIÓNS: O SAMAÍN

Recollemos a proposta do Equipo de Normalización e Dinamización  Lingüística.

Xa está aquí o Samaín! Antiga festa dos pobos celtas, coa que celebraban a chegada do seu ano novo, estendeuse por moitos sitios grazas a que os emigrantes irlandeses leváronna  a USA (chámanlle Halloween). Hoxe é unha festa de celebración divertida do medo.

Nós imos lembrar os costumes dos noso antepasados cunha das tradicións que volvemos recuperar con forza: Facer caveiras baleirando cabazas. De paso, imos colocarlle un lema ou frase de medo en galego.  
Vai ser terrorífico! Para o que solicitamos a colaboración das familias.

As cabazas expoñerémolas no vestíbulo do colexio a semana do 30 de outubro, polo que non deberán traelas antes do luns 30. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!




Ambientación da Biblioteca




Exposición: LIBROS DE MEDO


martes, 24 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Coa conmemoración deste día destacamos a importancia da letura e o labor que desenvolven as bibliotecas no campo da cultura, no lecer, na formación e a cercanía aos usuarios. 

É un espazo para disfrutar de iniciativas tamén tecnolóxicas. Coma esta que nos achegan os alumnos/as de 6º de primaria, desenvolvida no proxecto de robótica. 
A actividade: " Que emoción! xa está aquí  o samaín!", consta dun taboleiro para xogar coas emocións, utilizando o robot programable: BEE-BOT 

  
A partir de hoxe, podedes xogar na biblioteca co BEE-BOT, para celebrar o día da Biblioteca.



luns, 16 de outubro de 2017

RETO LECTOR

Os alumnos/as de 5º e 6º de primaria teñen un reto por diante. Aquí están as bases, para lectores avanzados.


Non perdas tempo, empeza xa!!

xoves, 12 de outubro de 2017

BÚSCALLE UN NOME A NOSA MASCOTA!

Estos días, estamos entre todos/as búscando un nome para a nosa mascota da Biblioteca.

Presentadas as propostas sobre os posibles nomes e tras unha votación en claustro... o noso mundo xa ten nome.



martes, 10 de outubro de 2017

CONTACONTOS

Inícianse na biblioteca as sesións de contacontos. 
"Un gigante en el bolsillo"
 Foi o conto elexido polo grupo de 2º de primaria para interpretar diante dun públioco moi atendo,  (nenos e nenas de infantil e 1º de primaria).


Esta é a historia de Moncho, un rapaz que non lle gusta ser o pequeno da familia. Pero a súa imaxinación permítelle superar esa situación, vivindo feliz aventuras divertidas e máxicas. Grazas ao seu xigante.
PREME NA IMAXE PARA VER COMO FOI A SESIÓN 
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d145243069kP521632672o2l1/v-un-gigante-en-el-bolsillo

Esperamos, que vos divertirades moito!! 

venres, 6 de outubro de 2017

CONTO DE CREACIÓN COLECTIVA

Na clase de 2º de primaria, están a crear un conto entre todos/as. Cada neno/a escribirá un anaco para formar unha gran historia. 

"Había unha vez un conto que escribimos entre todos/as..."


Esperaremos con ansia esta gran historia
Ánimo escritores/as!

luns, 2 de outubro de 2017

RANOPLA


RANOPLA, é unha plataforma de animación á lectura. 
Comezamos este curso de maneira experimental en 2º de primaria, coa intención de ir ampliando a outros cursos.
Compartimos os obxectivos proposto pola plataforma como:
1.- Incentivar e potenciar a lectura.
2.- Mellorar a comprensión lectora.
3.- Manexar as tecnoloxías (TIC)
4.- Fomentar a autonomía do alumnado.
5.- Facer un seguimento personalizado da lectura dos alumnos/as.
6.- Favorecer o bilingüísmo.


PREME NA IMAXE PARA COÑECER A PLATAFORMA

https://www.ranopla.es/

venres, 29 de setembro de 2017

APRENDER A PENSAR

Arranca o blog da Biblioteca, co lema:
 "APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"




 ... Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.