martes, 23 de abril de 2024

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

 Ao longo deste mes para conmemorar o "Día do Libro", fomos realizando actividades relacionadas coa lectura, o xogo e a creatividade.

- XOGO TRIVIAL DUN CONTO TRADICIONAL: "O gato con botas".

Os gatos móvense polo taboleiro contestando preguntas para conseguir a capa, o sombreiro e as botas.


- PERSONAXES DE CONTOS SAÍDOS DA PLATILINA e inspirados en: Cuentos de plastilina "Hansel y Gretel".



- OCA 1, 2, 3 ... A INVENTAR OUTRA VEZ.

Cada xogador/a vai anotando as palabras por onde vai avanzando no taboleiro, combinando esas palabras formulará unha breve historia.


- HISTORIAS ENCADEADAS:

Os participantes enlazan as oracións, parágrafos e asi forman Historias Encadeadas.


- APADRIÑAMENTO LECTOR. 
Un ano máis os miores do cole fixeron de padriños e madriñas lectoras cara os máis pequenos.





-  VISITA DA Dra.  CECILIA. 

Tódolos anos polo "Día do libro" a Dra. Cecilia, visita as aulas de 4º, 5º e 6º de infantil, co fin de comprobar a saúde la biblioteca de aula. Este ano conseguiron o certificado - CORAZON VERDE BRILANTE- Iso significa que aos nenos/as de infantil lles gustan os libros e coidan deles. Tamén lles puxo unha vacuna para que o encargado/a do día se acorde de ordenar a bilbioteca.


- O MEU LIBRO FAVORITO...

Así ilustraron os nenos/as de infantil o seu conto favorito




- RETO : Cantos contos coñeces ti?

Na entrada da biblioteca tes un reto sinxelo se queres conseguir un libro, só tes que escribir os títulos de contos que aparecen no panel, poñer o teu nome, o curso e entregalo á coordinadora da Biblioteca. ANÍMATE!!



- A BIBLIOTECA  ESCOLAR ... Espazo para ler, xogar e crear.

Os nenos/as de infantil desfrutaron dunha sesión de xogos na biblioteca



FELIZ DÍA DO LIBRO!


- MATERIAL INCLUSIVO PARA IMPRIMIR: XOGO DA OCA, BINGO E DOMINÓ con pictos e contos.


luns, 22 de abril de 2024

PRESENTACIÓN DO LIBRO "A NENA E O AVÓ"

Briana, alumna da clase de 1º de EP, é a protagonista do conto musicado "A nena e o avó". Con motivo do día do libro presentounos o conto e compartimos unha das cancións incluídas no libro. Fai click na imaxe para escoitar a canción.





Tedes á vosa disposición, na biblio do centro, o conto musicado "A nena e o avó", onde Briana e o seu avó nos descubren un mundo máxico cheo de trasnos, meniñeiros, nubeiros.... 


xoves, 18 de abril de 2024

VERBATECA- LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de  infantil.

Xogando, traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras da nosa lingua sobre diferentes temáticas...

Esta actividade ten como obxectivos:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
Manter unha boa actitude de escoita.
Motivar á lectura por medio da oralidade.
Fomentar a imaxinación e a creatividade.



martes, 9 de abril de 2024

CITA CLUB DE LECTURA

 Un grupo de nenos/as de 2º de primaria participou nunha sesión do club de lectura, con debate e xogos relativos ao libro de Jacobo Fernández Serrano "Avoa Power" 


Se ledes o libro tamén podedes xogar a atinar as preguntas.














venres, 5 de abril de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Remata a actividade "Hora de Ler" (6º de infantil), coas mochilas viaxeiras que estiveron funcionando ao longo dos trimestres.

 "A mellor lectura, desfrútase en familia"

A actividade consistía en realizar no bloc en colaboración coa familia un debuxo, receita, manualidade, fotografía, texto...  

Estas son as vosas creacións!




martes, 2 de abril de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA DO NOSO ENTORNO

 O alumnado de 2º de primaria , visitou a biblioteca municipal da Ponte. 

A bibliotecaria, explicoulles como identificar os libros dos andeis. Despois a cativada participou nunha animación á lectura e tamén desfrutaron dun tempo libre de lectura.



venres, 22 de marzo de 2024

ESPECTÁCULO DE MAXIA


 O mago Paco, sorprendeunos co seu espectáculo de maxia.

 ....Que pasa cando se xuntan as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos? Pois a maxia apodérase dos contos e os contacontos convírtense en "Contamaxias"


PREME NA IMAXE  para ver algúns dos mellores momentos


mércores, 20 de marzo de 2024

MES DA POESÍA



OBRADOIRO DE POESÍA: Materiais e recursos para traballar a poesía creativa.



-  1,2,3 ... a escribir campo a través. Obradoiro de Poesía como actividade de escritura creativa: Inventaron acrósticos con cadanseu nome, completaronversos con anáfora e plasmaron en imaxes un poema de Leire Bilbao.


-   Lecturas expresivas por divertimento.



- Versos monstruosos, con pezas de cartolina. Encontra a túa combinación, hai moitas posibilidades.


- Poesía e natureza.

PREME NA IMAXE Para ver un poema musicado



luns, 18 de marzo de 2024

17 de MARZO, DÍA DA BANDA DESEÑADA

 Para conmemorar este día, o alumnado despois de ver o video sobre este conto en inglés: "The Good Egg", de Jordy John e peete Oswald; traballou en equipo para pasalo a banda deseñada. Unha historia relativa á convivencia entre iguais. 

Como actividade creativa final, decoraron oviños para representar aos personaxes do conto.


- Obradoiro de: Banda deseñada.



venres, 8 de marzo de 2024

#8M

GAITEIRAS LAPBOOK                      


Con este libro interactivo desenvolven distintas habilidades STEAM, rompendo cos estereotipos de xénero e potenciando un achegamento ao ámbito científico-tecnolóxico soldando e cableando circuítos eléctricos dun xeito creativo e estético.


Libro de lapelas sobre Ángeles Alvariño. Precursora da oceanografía. Nada nun pequeno pobo da costa de Galicia, Ángeles Alvariño foi unha amante do mar que dedicou toda a súa vida á investigación e divulgación do mundo dos océanos. Alvariño é a única científica española mencionada na prestixiosa Enciclopedia of World Scientists, unha publicación onde aparecen os mil científicos mundiais máis importantes de todos os tempos.

 

Entre estas 140 biografías, cantas mulleres aparecen?
Podes sorprenderte... A resposta é nove.



PREME NA IMAXE para ver máis



luns, 4 de marzo de 2024

2ª CITA CLUB DE LECTURA

O club de lectura "Páxinas en Branco" (5º de primaria), reuniuse para comentar o libro: "Perigo vexetal" de Ramón Caride.

Todos/as as participantes coincidiron en que elexiron este libro pola temática pero a lectura do libro fíxoselles pouco amena.



venres, 1 de marzo de 2024

ANIMACIÓN Á LECTURA E SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL.


Actividade ofertada polo concello de Ourense: "Conta coa natureza, incendios forestais".

Esta temática foi tratada pola escritora do libro, a través do conto teatralizado: "Xela, a superheroína da aldea" de Inma Soto.

Un conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os nosos recursos e busca que os nenos/as coiden o entorno natural.
Coa finalidade tamén de animar ao alumnado o interese por lecturas desta temática.



venres, 23 de febreiro de 2024

MUSICANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO

Non hai mellor xeito de celebrar que cantando. O alumnado de 5º e 6º versiona poemas de Rosalía dun xeito moi creativo. Queres escoitalos? Estes son os poemas e as músicas empregadas:

Lugar máis fermoso: Doraemon
Alborada e Adiós ríos e adiós fontes: Bases de Rap
Nacín cando as plantas nacen: Lola Índigo (Casanova)

Acompañan as cancións con instrumentos construídos con diferente material de refugallo.


Ademais desta actividade, realizáronse moitísimas máis para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA

xoves, 15 de febreiro de 2024

#11F día da Muller e a Nena na ciencia

 Para conmemorar este día o alumnado de 4º de primaria, realizou un obradoiro: "Computando cunha soa man".


Linguas de Ra, 

Sabíades que a arma secreta das ras é a súa saliva?

A saliva das rás é un fluído Non Newtoniano xa que a súa viscosidade depende da velocidade.
Outros exemplos de líquidos non newtonianos son: as areas movedizas, o xel, o sangue, o iogur, o mel, a pintura... que poden comportarse como sólidos ou líquidos en función da presión que lle apliquemos.

Esta actividade ten como finalidade mostrar o traballo de enxeñeiras e científicas da USC nas disciplinas coñecidas como STEM e o recoñecemento ao papel clave que desempeñan na comunidade científica e na tecnoloxía. Visualizamos varios vídeos de obradoiros con diferente temática e o alumnado de 4º experimentou cos fluídos e as súas propiedades.




venres, 9 de febreiro de 2024

EN-cuadra-2

As familias do alumnado de 2º de primaria, visitaron a exposición de debuxos: EN-cuadra-2. Para crear estas obras os nenos e nenas inspiráronse en cadros de Picasso, Matisse, Teresa Pajares e outros artistas modernos.



luns, 5 de febreiro de 2024

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 6º de Primaria participou na actividade "Encontros co autor" pertencente ao Programa de animación á Lectura dinamizado polo Concello de Ourense.

As nenas e nenos leron nestas últimas semanas a obra "Segredos Soterrados" de Xabier Domínguez e Alba de Evan, a quen puideron coñecer e aprender máis sobre o seu traballo.



"Segredos Soterrados", de Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan Freijedo.

O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?

luns, 29 de xaneiro de 2024

HISTORIAS DE PAZ

LECTURAS,  para o día da PAZ.


Material VIRTUAL, para o día da PAZ


Lecturas de PAZ, por sorpresa.



Palabras engaioladas.
Metemos nos cubos as palabras que non nos gusta: Guerra, violencia, pegar, insultos... para que medre a PAZ ao cubo.




xoves, 25 de xaneiro de 2024

ESCRITURA CREATIVA

 Dende a Biblioteca, propónse un obradoiro de Escritura Creativa, Adaptando as propostas do libro: "El taller de la imaginación" de Care Santos, a páxina web "animalec " e actividades de creación própia.

xoves, 18 de xaneiro de 2024

CLÁSICOS DISFRAZADOS

 1, 2 , 3.... A contar outra vez, do  noso PDI  arranca o tema do entroido: "Clásicos disfrazados".


Recomendamos:"Cámbiache o conto". Chinto, Pinto


Pinto e Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.