sábado, 24 de outubro de 2026

"DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

    Ao longo da semana do 26 ao 29 de outubro, no horario 1º e 2º LECER, acompañados polo equipo de biblioteca e titores/as de cada curso, a nosa biblioteca convertirase nun espazo activo de interación e xogo relacionado co PDI deste curso:

 "Galicia, Terra Meiga", para conmemorar o "Día das Bibliotecas escolares".  

Intentaremos explorar e descubrir a Galicia máxica, a través da búsqueda de información (libros da exposición e plataformas dixitais).

Serán actividades lúdicas relativas a libros como: “Bruxa e familia”, de Paula Carballeira, “O señor mago e a folla”, de Toño Núñez; “Medo me dá”, de Ramón Veiga; “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, de Ledicia Costas; e outros libros da exposición-

Estas actividades abranguen pasatempos como:

  • Xogos de lóxica (consistente en emparellar obxectos iguais sen que se crucen as liñas)

  • Encrucillado enmeigado con palabras do conto “Queda sitio na vasoira”, de Julia Donaldson (As palabras non aparecen en liña recta!)

  • Pescuda de títulos nunha listaxe de palabras

  • Nomes de autores para completar ( por exemplo, P _ tr_ c_ _ M _ ll _)

  • Letra a letra de meigas e trasnos (Xogo con pistas para adiviñar personaxes de libros de medo)

  • Crebacabezas de cubertas de libros relativos ao tema do PDI, localizables no expositor da Biblioteca.

  • Investigación e decoración con seres máxicos de Galicia :Meigas, mouras, trasnos. Santa Compaña, lobishomes, coca, nubeiros, as xacias, fadas... 



  • Dramatización, sobre unha meiga que desexa ser fada, que prepara pocións cos cativos que a acompañan e que compartirá libros da súa biblioteca. (A cargo do alumnado de 1º de primaria coa súa mestra).



Elaboración de Apócimas.


  • Saber máis sobre estes seres fantásticos: PANEL INFORMATIVO BIBLIOTECA.


Resumo de actividades na Biblioteca.



Contacontos: 

"A Lúa", lecturas na escuridade.


"Memoria das Árbores", contado polos nenos/as de 1º de primaria a 6º de EI.


Bosques encantados, personaxes fantásticos da mitoloxía galega, en colaboración coas familias, decoran o Samaín.

No desfile de samaín non faltaron: Meigas menciñeiras. fada, O home do saco...


mércores, 21 de outubro de 2026

"BIBLIOTECA ESCOLAR, DA INFORMACIÓN AO COÑECEMENTO"

A asesoría de Bibliotecas escolares, propón para este curso 2026/27, o lema:
  "Biblioteca escolar, da información ao coñecemento"

Convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indaguen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento...

O primeiro que fixemos, foi un contacto coa nosa biblioteca: 

- Formación de usuarios.








- Nomeamento de Axudantes de Biblioteca (para clasificar e colocar os libros nos andeis; segundo os códigos)

- Establecer os horarios de préstamo.

- Hora de ler, a través das "mochilas viaxeiras", para o fomento da lectura nos máis pequenos/as.




Nun segundo momento, aproveitaremos a celebración do "Día das Bibliotecas escolares"
Para presentar o PDI deste curso: "Galicia, Terra Meiga", coa idea de que o noso alumnado aprenda a transformar a información en coñecemento, divertíndose.

Pretende ser unha invitación a mirar a Galicia con ollos de explorador/a e descubrir a máxia que agocha. A través de:

- O recuncho das meigas.
- O camiño das estrelas.
- A Pedra que fala.
- O bosque encantado.
- O mar das lendas.
- O lume das tradicións.
O equipo de biblioteca, guiará as experiencias de aprendizaxe ao longo dos trimestres.

venres, 19 de xuño de 2026

TEATRO NA BIBLIO

 O alumnado de 4º de primaria coa súa titora, para rematar este curso, sorprendéronnos cunha obra de teatro "O cazador de lebres" . Estivo moi divertida.

NORABOA!



martes, 16 de xuño de 2026

LAPBOOK

 Os nenos/as de 4º de primaria, traballaron en equipo, investigando sobre animais e elaboraron este libro despregable, interactivo para mostralo aos seus compañeiros/as de curso e aprender de xeito máis lúdico. Produto final PDI "Animaliños".




luns, 15 de xuño de 2026

LIBRO VIAXEIRO

 O alumnado de 4º de primaria, queren amosarnos o seu libro viaxeiro cheo de valores, utilizando a temática: "Animaliños" (PDI deste curso). Quedará na biblioteca á vosa disposición.




venres, 12 de xuño de 2026

BOAS PRÁCTICAS NO MAR

 O alumnado de 2º de primaria, creou esta ruleta de xogo, para sumar puntos con boas prácticas no mar: "NON TIRAR BOLSAS DE PLÁSTICOS", porque son dañinas para as tartarugas. Produto final PDI "Animaliños"



mércores, 10 de xuño de 2026

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ao longo do curso, as mochilas, estiveros viaxando polas casas dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de infantil, mochilas cheas de libros, xogos...  para disfrutar en familia. Asi foi a experiencia vivida.


mércores, 27 de maio de 2026

CITA CLUB DE LECTURA

 Co motivo do "Día Internacional da familia" (15 de maio), o club de lectura: Un, dous, tres, cuarto a ler... quixo recordar a importancia dos seus seres queridos, a través de lecturas desa temática e como consecuencia, actividades creativas e historias das súas familias, que queren compartir. 

A ver se vos gustan...


FELIZ DÍA DA FAMILIA!

luns, 25 de maio de 2026

ENQUISA DE BIBLIOTECA ESCOLAR PARA AS FAMILIAS

Familias, podedes participar na enquisa da biblioteca, só vos levará  1 minutiño. A vosa opinión é importante para seguir mellorando. Grazas



 

martes, 19 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

A nosa homenaxe á Begoña Caamaño: Pola lingua, a cultura galega, a igualdade e a diversidade.

 Programa:

- Unha carta para Begoña Caamaño.

- Quebracabezas compartido.

-Acrósticos e caligramas , decoración.

- Festa das Letras Galegas: Baile "Os animais" de Luar na Lubre (PDI Animaliños), danzas galegas (muiñeira e pasodobre),  remate co himno Galego. 

-
Unha carta para Begoña Caamaño.
"Circe ou o pracer do azul" é unha novela de Begoña Caamaño, que centra a historia na correspondencia entre dúas mulleres: Penélope e Circe. Elas transforman, a través das cartas, unha relación de rivalidade en amizade e solidariedade.
A cativada de 3º utilizou esta información para escribir textos, estruturados en forma carta, á autora homenaxeada nas Letras Galegas.



Quebracabezas compartido.

O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria , decoraron unha peza do quebracabezas para crear entre todos o busto de Begoña Caamaño.



- Acrósticos e caligramas (Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º)




- Festa das Letras.




DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E BIBLIOTECA.

mércores, 29 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO

 A semana do 20 ao 24 de abril, celebramos o "Día do libro" con actividades lúdicas na biblioteca, que fomentan a lectura, escritura e a búsqueda de informacíon.

- Retos na biblioteca

. Bingo de imaxes, sobre contos

. Contos para adiviñar con mímica

. Os ratiños comeron libros, Completa as letras que faltan

. Recompoñer títulos de contos, utilizando as tarxetas de axuda

. Torre de libros, combinando varios títulos podes escribir unha historia curta

. Busca nos libros, palabras ou imaxes dadas

. Programa o escornabot para encontrar o conto favorito ou conto por pistas



Material explicativo para realizar os retos 


- Troco de libros, cambiamos libros da casa por outros do noso interese.



- Apadriñamento lector


- Encontros coa autora : Elena Andrés

O club de lectura de 5º e 6º de primaria, despois de ler o comic: "A brigada iridescente, o laberinto dos hinchables", disfrutaron dunha sesión coa autora.


- Contacontos: "A cebra Camila" de Marisa Núñez, Óscar Villán (Infantil)


- Visita da Dra. Cecilia, coma tódolos anos, e polo día do libro, a dra. Cecilia visita as bibliotecas de aula de infantil para comprobar a saúde dos libros.


- Recomendacións lectoras


O MELLOR AMIGO/A DE AVENTURAS... UN LIBRO
                            

martes, 24 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA E A ÁRBORE

 O 21 de marzo celebrouse o día da poesía. Nestes días estivemos a facer actividades con este xénero literario e aproveitamos para conmemorar o día da árbore, que tamén se celebra ese día.

- Obradoiro de poesía (5º e 6º de primaria). 

Combinatoria de versos libres a partir de textos do xornal, escollemos palabras dun artigo e con elas compoñemos poemas.

- Poema flor.

En tiras de papel de cores, escribimos versos formando flores.


- Lecturas de poemas e solta de bolboretas.

Os nenos e nenas de 2º de primaria, fixeron uns poemas e debuxos para agasallar ao alumnado de infantil. A partir dos debuxos creamos uns versos.

A caixa agasallo foi unha gran sorpresa. Bolboretas voadoras que tamén aparecen nos libros de poesía....      A ver se tes sorte de atopalas!






- Poemas Forma, para celebrar o día da Árbore.

Os nenos e nenas de 4º de primaria, déronlle a estes poemas formas da natureza, tamén gravaron un víedo no noso entorno, entre árbores, para celebrar o día da árbore.





- Decoración da palmeira do patio con bolboretas cosidas (material funxible)." Día da árbore"


- College de versos.

Poesía creativa
O alumnado de 3º e 5º de EP escribe poesía combinando palabras escritas por outro autor/a. O primeiro paso é seleccionar unha páxina da revista Papagaio, logo escollen 8 palabras que lles interesen... poñen a traballar a súa creatividade e crean un poema.


- Desconxelamos a primavera.

Os nenos e nenas de 2º de primaria desconxelaron a primavera, descubrindo letras para formar a palabra PRIMAVERA.




venres, 20 de marzo de 2026

CONTACONTOS MUSICAL "O LOBO FELIZ"

 Hoxe os alumnos/as de infantil ata 4º de primaria, disfrutaron dun contacontos musical sobre o conto "O lobo feliz",  amenizado polo escritor do libro, Miguel Guido.

Celebramos así o día "Internacional da narrativa oral".



venres, 13 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA

 Dende o equipo de biblioteca, señalamos a semana do 9 ao 13 de marzo como "Semana da Prensa", para traballar sobre o xornal, o corpo da noticia, escribir noticias... 

Expuxéronse na cortiza da biblioteca, modelos para compoñer o xornal de LEMUNDI.

E outra exposición de revistas e xornais.






mércores, 11 de marzo de 2026

#8M

Con este vídeo creado coa música de Guadi Galego, comezamos a celebración do día da Muller. A nosa homenaxe a todas as Matriarcas, fortes, polifacéticas, resilientes, conquistadoras, brillantes, tenaces, divertidas...


BOLBORETAS PARA COSEDURA. 

Na biblioteca creamos un recuncho de cosedura.
Recortamos bolboretas de cartón coa cortadora láser e tamén imprimimos pezas en 3D.
O alumnado borda a súa bolboreta que logo colgaranse polo centro.



LECTURAS POLA IGUALDADE.

O alumnado de 6º de primaria, durante a semana do 9 ao 13, na biblioteca compartiron lecturas co resto do alumnado do cole. 
Lecturas pola igualdade  dando pé á reflexión.



Despois de ler "Daniela Pirata" de Susanna Isern y Gómez, os nenos/as de 4º de infantil, decoraron o seu pano pirata.


MULLERES IMPORTANTES.

O alumnado debuxou ou escribiu sobre mulleres importantes para ele/as.


POLAS QUE FALTAN.

"Existen Mulleres que fixeron grandes aportación á ciencia, á arte, ás matemáticas, ao deporte, aos dereitos humanos... ocultadas ao longo da historias tralos seus maridos, irmáns, pais, mentores..." Inspirándonos na canción de Mafalda - Las que faltaron o alumnado de 5º e 6º de EP realizou un traballo de investigación para sacar á luz unha pequena mostra de mulleres activistas e investigadoras que, coas súas aportacións, acadaron un mundo máis desenvolvido e igualitario.


Difundamos os seus nomes para que nunca máis falten. Fai clic na imaxe para ver os traballos de investigación do alumnado.


SOMOS MEIGAS

Música & Poesía
Anna e Olivia de 6º de EP, as compositoras desta canción, cantan e acompañan co ukelele.