mércores, 5 de xuño de 2024
CASA EN 3D
ACHEGÁNDONOS Á PREHISTORIA
Asi foi como o alumnado de 2ºP, fixo un pase pola prehistoria: recreando as súas pinturas, elaborando utensilios e creando a través de elementos naturais (pedras), animais prehistóricos.
EXPRESION ORAL
Os nenos/as de 1ºP, inventaron un pequeno conto para traballar e mellorar a expresión oral, representáronno nun teatro de sombras que eles/elas mesmas contruíron.
xoves, 16 de maio de 2024
TEATRO ESCOLAR
Para conmemorar o día das "LETRAS GALEGAS", o club de lectura "Páxinas en branco" de 5º de primaria, representou para todo o colexio a obra de teatro: A VENDEDORA DE PALABRAS de Raquel Castro Martínez.
Club de lectura: " Páxinas en Branco"
martes, 23 de abril de 2024
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.
Ao longo deste mes para conmemorar o "Día do Libro", fomos realizando actividades relacionadas coa lectura, o xogo e a creatividade.
- XOGO TRIVIAL DUN CONTO TRADICIONAL: "O gato con botas".
Os gatos móvense polo taboleiro contestando preguntas para conseguir a capa, o sombreiro e as botas.
- PERSONAXES DE CONTOS SAÍDOS DA PLATILINA e inspirados en: Cuentos de plastilina "Hansel y Gretel".
- OCA 1, 2, 3 ... A INVENTAR OUTRA VEZ.
Cada xogador/a vai anotando as palabras por onde vai avanzando no taboleiro, combinando esas palabras formulará unha breve historia.
- HISTORIAS ENCADEADAS:
Os participantes enlazan as oracións, parágrafos e asi forman Historias Encadeadas.
luns, 22 de abril de 2024
PRESENTACIÓN DO LIBRO "A NENA E O AVÓ"
xoves, 18 de abril de 2024
VERBATECA- LABORATORIO DE PALABRAS
Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de infantil.


