venres, 25 de outubro de 2019

1ª cita CLUB DE LECTURA

O martes 22, tivemos a 1ª cita para debatir, valorar, comentar sobre o libro: "A Batalla da pequena Chañan Curi Coca" de Rosa Aneiros.  


Con esta actividade voluntaria queremos fomentar a lectura e dar un paso máis, intercambiando opinións con outros/as compañeiros/as que comparten o gusto pola lectura.


A próxima cita será o martes 26 de novembro para comentar o libro: "Perigo Vexetal" de Ramón Caride. 
Animádevos! 

luns, 21 de outubro de 2019

24 de Outubro, día da Biblioteca

O 24 de Outubro, celebramos o día da Biblioteca e iniciámonos no proxecto "Bibliotecas Creativas" con actividades lúdicas, formativas mesturadas coa robótica.

Imos aprender a...
  • Coñecer os espazos da biblioteca. 
  • Manexar de forma básica a CDU. 
  • Programar o escornabot dende a botoneira.
  • Aprender xogando. 
Dinámica de xogo: 

Xogo 1
Material: taboleiro coa cdu, un dado e un escornabot
Haberá que tirar o dado, mover o escornabot o nº de celas que marque o robot, dirixirse aos andeis da biblioteca e traer un libro dese apartado da CDU


Xogo 2

Material: 2 taboleiros que reproducen os andeis da biblioteca, maquetas de libriños con cadansúas etiquetas.

Cada xogador collerá un libriño e programará o robot ata a cela correspondente segundo a etiqueta que aparece no lombo do libro (como son miniaturas, pódense cargar no escornabot e que os transporte)








CODEWEEK: Esta actividade está inscrita na Semana da Programación da Unión Europea:




Xogo 3 

Busca o principio e final do conto. Repartiranse tarxetas con principios e finais de contos, cada neno/a falando baixiño (porque nas Bibliotecas fálase baixiño) intentarán buscar a súa parella para poder completar o conto.


Xogos para infantil
- Roteiro pola biblioteca. Dunha pila de libros, intentar colocar cada libro na sección de infantil, fixándose na etiqueta identificativa (Sol-Lúa).
- Contos con pedras pintadas. Inventar historias coas imaxes de contos clásicos que aparecen nas pedras. Mesturar contos.
- Emparellar os contos  que aparecen nas pedras con tarxetas de personaxes.



Así foi como se desenvolveron as actividades programadas.




venres, 4 de outubro de 2019

"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

Este é o lema que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso.

Cartel  ilustrado por Óscar Villán.

... A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1239

sábado, 28 de setembro de 2019

MOBILIZACIÓN POLO CLIMA

A Biblioteca, únese ás mobilizacións que estiveron a acontecer no cole,  durante a semana do 23 ao 27 de setembro. Todos/as unidos/as polo CLIMA.


PROGRAMA
LUNS 23/09 – “UN MINUTO DE SILENCIO POLA TERRA”
MARTES 24/09 – “VESTIR CON ALGUNHA PRENDA DE COR VERDE” A cor verde representa a cor da esperanza para poder afrontar o futuro e conseguir que a situación cambie.
MÉRCORES 25/09 – “VIDEO-FORUM":
E.Infantil: cadernoverde.gal
XOVES 26/09 – “CARTACES POLO CLIMA” Imos plasmar as nosas propostas para coidar o Planeta. Reusade cartóns reciclados para reducir o consumo de papel.
VENRES 27/09 -  “PARÓN NO RECREO COS CARTACES” cos que amosaremos a nosa preocupación polo Planeta e cantaremos a canción: Canta polo clima en Inglés e en galego
E o 27 de setembro podes sumarte  á mobilización participando na Manifestación Mundial polo clima. En Ourenes, será na Praza Maior ás 20.00 h.


O PLANETA MÁIS VERDE


SOS Terra




Parón no recreo cos cartaces, nos que amosamos a nosa preocupacón polo Planeta.




mércores, 11 de setembro de 2019

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO



O servizo de préstamo comezará a partir do mes de outubro.

domingo, 16 de xuño de 2019

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

PRIMEIROS LECTORES

·         Ola-adeus:Os contrarios nun álbum máxico. Delphine Chedru.kalandraka.
·         Receitas pequerrechas.Rocía Garrido Caramés. Galaxia
·         Mi primer Mémory.Los colores.Combel
·         Os Wombis e a escuridade. Emilia Rebumbio. Galaxia
·         Yo también hago yoga. Delia Hernández, Sara Mateos. Beascoa
·         Distinta.SOZAPATO, Beto Valencia. Kalandraka
·         A árbore xenerosa. Shel Silverstein, Chema Heras. Kalandraka


LECTORES

·         Los diarios de cereza, el zoo petrificado. Joris Chamblain, aurélie Neyret. Alfaguara
·         La lección de August. R. J Palacio. Nube de tinta
·         Ti non xogas! Silvestre Gómez Xurxo. Xerais
·         Pincipio. Paula Carballeira. Kalandraka.
·         Hola Ruby, la aventura de programar. Linda Llukas. Destino infantil, juvenil.
·         La señorita Bubble. Ledicia Costas, Andrés Meixide. Anaya
·         Receitas pequerrechas.Rocía Garrido Caramés. Galaxia
·         El gran gigante bonachón. Roald Dahl. Loqueleo.


O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN BO VERÁN LECTOR!

xoves, 6 de xuño de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Remata a actividade "Hora de Ler", coas mochilas viaxeiras.


Con esta actividade pretendeuse fomentar a responsabilidade, gusto pola lectura en familia e desenvolver a creatividade a través dunha actividade plástica (debuxo, collage...), que continúa na aula ou biblioteca, cunha explicación por parte do neno/a cara os seus compañeiros/as sobre o argumento do conto e presentación da súa actividade plástica.

 PREME NA IMAXE PARA VER A ACTIVIDADE


GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!