mércores, 17 de febreiro de 2021
ROSALÍA DESCONFINADA
venres, 12 de febreiro de 2021
ENTROIDO MEDIEVAL
Comezamos a semana do entroido cos mandados do meco, ambientado na Idade Media, tema do proxecto deste curso.
Ambientación: Entrada á Biblioteca e espazos comúns do cole.
xoves, 11 de febreiro de 2021
11F-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
A Organización de Nacións Unidas, estableceu o 11 de febreiro, como "Día internacional da muller e a nena na ciencia", co fin de recoñecer o papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover o acceso das mulleres e nenas á educación, investigación, tecnoloxía, inxeñería e matemáticas.
Aprende pola túa conta con esta presentación de vídeos: "11F ciencia en feminino", Para axudar ó escornabot a localizar a procedencia das científicas e a súa aportación á humanidade.
luns, 8 de febreiro de 2021
3ª CITA CLUB DE LECTURA
Na terceira reunión do club de lectura, estes alumnos de 5º comentaron a obra de Manrique Fernández "Hermes, aprendiz de mago" un texto teatral que gustou á maior parte do grupo.
Por parellas remataron a sesión cunha lectura dramatizada dalgúns momentos salientables da obra.
"Hermes, aprendiz de mago", Manriquez FernándezVelaquí a historia dun mago zoupón, que case que todo o que fai... sae mal.
Así e todo, ten ganas de aprender. Unha obra divertida onde os pucheiros, as vasoiras e as partes todas da casa falan e volven máis tolo aínda o noso protagonista.
sábado, 30 de xaneiro de 2021
SOLUCIONAMOS CONFLITOS PACIFICAMENTE
O 30 de xaneiro celebramos o "Día Internacional da Paz e Non Violencia" ...Apostamos por unha conduta proactiva a favor da Paz e a resolución pacífica de conflitos.
Podes encontrar na Biblioteca lecturas para estes días.
Coas lecturas elexidas faremos un concurso de "Banda deseñada" e un "Escape Book" con macroviñetas que terás que ordenar, sobre unha historia adaptada do libro: Pelea en el cole de Ingrid Chabbert.
"Escape Book", resolve estes retos e chegarás a ordenar as viñetas do libro: Pelea en el cole.
domingo, 24 de xaneiro de 2021
OBRADOIRO STEAM
Entra na sección de Biblioteca Creativa para ver os obradoiros:
- Robótica básica. De cando o pincel e o lapis se enfadaron e non quixeron compartir cadro.venres, 22 de xaneiro de 2021
ENCONTROS COA AUTORA
Esta actividade, está dentro da Campaña de "Animación á Lectura" que a Concellería de Educación do Concello de Ourense, oferta aos centros educativos.
Foi dirixida aos alumnos/as de 5º de primaria. Nun primeiro momento a Concellería de Educación entregou ao alumnado un lote de libros que seleccionaron para este curso. "Plan de Rescate" de Antía Yáñez, para a súa lectura e posterior encontro coa autora no colexio.
Coñecer a Antía Yáñez e a súa obra, foi unha aprendizaxe moi interesante.