Esta actividade, está dentro da Campaña de "Animación á Lectura" que a Concellería de Educación do Concello de Ourense, oferta aos centros educativos.
Foi dirixida aos alumnos/as de 5º de primaria. Nun primeiro momento a Concellería de Educación entregou ao alumnado un lote de libros que seleccionaron para este curso. "Plan de Rescate" de Antía Yáñez, para a súa lectura e posterior encontro coa autora no colexio.
Plan de Rescate
III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2020Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor.
Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016).
Coñecer a Antía Yáñez e a súa obra, foi unha aprendizaxe moi interesante.