Os nenos e nenas de 4º de primaria, levaron a cabo un libro-fórum, sobre a lectura do libro "No corazón do bosque".
Un libro que queren recomendar aos compañeiros e compañeiras, porque ensina a importancia da familia, o valor da amizade, o respecto polo medio ambiente, a empatía... Unha tenra, entrañable e divertida lectura para o outono.
Esta sesíon, moderada polo alumno José Antonio, foi moi participativa, todos /as aportaron ideas, experiencias, emocións... Ao rematar, fíxose unha ficha de lectura sobre o libro e aproveitaron para descubrir un pouquiño ao seu autor: Agustín Fernández Paz.