Seguindo as líneas do PDI deste curso "Animaliños", imos descubrir personaxes do entroido da provincia de Ourense, que leven na súa vestimenta animais.
Para informarnos, teremos a disposición na biblioteca, os libros:
"Os bolechas. O entroido ourensán " de Pepe Carreiro"É tempo de entroido! de Ramón D. Veiga, David Sierra.
"Non pare a festa" de Ramón D. Veiga, David Sierra.
"Guía ilustrada do entroido galego" de Alba de Evan, Xabier Domínguez. Ilustracións Iria Prol.
Unha vez adquirida a información podemos poñer a proba a nosa axilidade mental con este xogo de: Relacionar o personaxe co seu lugar.