O luns e martes, organizáronse xogos ambientados no medievo para dar por concluído o Proxecto Didáctico Interdisciplinar: "A Idade Media" e así despedir este curso da maneira que máis nos gusta: XOGANDO.
Repartimos os patios por recantos e actuamos en grupos burbulla no seguinte circuito de xogos:
- Obradoiro indiaca.
- Torneo cooperativo.
- Bolos
- Carcassone ( Xogo de mesa)
- Encesta no castelo.
- Xadrez (Cabalos e reis).
- Busca na area o cabalo-cabaleiro-escudo. Ollo co dragón ! (Xogo de tacto).
- Pinta o dragón con pataca en equipo.
- Ponlle coroa, ollos e barba ao rei, ás ordes dos teus compañeiros (Xogo de orientación).
- Carreira de rás.
- Tiro con arco.
Unha recompilación destas xornadas lúdicas.