No mes de Outubro comeza a actividade na Biblioteca, estámoste esperando con moitas novidades e proxectos.
Compartimos o cartel e facemos uso do lema que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022.
O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA
"...É tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha
forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra,
facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial
galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade".
Aproveitamos para recordar o protocolo covid, que aínda segue vixente.