O club de lectura "Os fabulos@s", gravaron na radio, uns podcasts teatralizados, basados no libro "Medo me da" de Ramón D. Veiga.
- "Unha pantasma na lavandería".
- "Catuxa e a esteticista".
O club de lectura "Os fabulos@s", gravaron na radio, uns podcasts teatralizados, basados no libro "Medo me da" de Ramón D. Veiga.
- "Unha pantasma na lavandería".
- "Catuxa e a esteticista".
O club de lectura de 6º de primaria, reuniuse para comentar e debater varios contos de Oscar Wilde. Chamaron a súa atención personaxes coma o xigante egoista, o principe feliz e o foguete fachendoso.
Que mellor maneira de celebrar o "día das bibliotecas"... na nosa Biblioteca e con Sabela Gago, que dixo que a nosa biblioteca era acolledora e viva. Pois viv@s e participativ@s nos fixo sentir coa historia de "Irene e o seu soño".
Tamén o longo da semana desenvolvéronse diversas actividades na biblioteca coa temática do PDI deste curso "ANIMALIÑOS":
ACTIVIDADES PARA OS DISTINTOS NIVEIS:
PRIMARIA
- Escape room interactivo, "Reto na granxa".
- Xogo co beebot para atopar animais iguais.
- Xogo matemático con animais ovíparos.
- Busca e atopa no cartaz os animais, segundo a descripción.
- Oca animal
- Marcapáxinas de papiroflexia
- Rosco de pasabalabra con nomes de animais.
- Chega co escornabot ata o debuxo do animal descrito.
- Reto animado.
- Concurso vertebrado.
- Descubre a miña mascota coloreando.
- Mi amigo Elmer.
- Papiroflexia de animais.
- Tangram de animais.
- Sopa de letas deanimais.
INFANTIL
- Contacontos: ¿ Que seré cuando crezca?, Nicola Davies.
- Xogo, ordenar secuencias do conto.
- Decoración de ovos sorpresa, para adiviñar na mesa de luz.
- Xogo de adiviñar animais polo tacto.
- Xogo libre de cabanas e animais.
Hoxe conmemorando o día das BIBLIOTECAS, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras en infantil.
As mochilas van cargadas de contos de aventuras, emocións, información, cociña, manualidades, inglés, revistas, xogos... e un caderno de actividades para facer en familia.
Permanecerán na casa 15 días, pasado ese tempo, regresarán ás aulas para ver e contar a experiencia aos seus compañeir@s.
Que disfrutedes moito!