mércores, 15 de decembro de 2021

GUÍA DE NADAL

 Este ano, a guía de lectura témola presente na entrada do cole, na árbore de Nadal, creada con rolos de reciclaxe (PDI ECOmundi) e decorada coas imaxes dos libros que vos recomendamos.




Por un nadal sostible e local!

venres, 3 de decembro de 2021

2ª CITA CLUB DE LECTURA

O libro do que falamos hoxe gustoulles moito a iste club de 6º, pola súa orixinalidade ,polas ilustracións e por relatar unha historia de amor que calificaron de "épica".

Mil cousas poden pasar. Jacobo Fernández Serrano.

Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo
IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil


Iniciamos o club de Lectura de 5º de primaria, comentando o libro: "Perigo vexetal", de Ramón Caride.
Calificaron este libro de ecoloxista e interesante. Gustoulles moito.

Perigo vexetal. Ramón Caride.

É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai ser o eixo de toda a trama.


Na próxima reunión do club de 6º, comentaremos "El gran gigante bonachón". Roald Dahl



Na próxima reunión do club de 5º, comentaremos "Quokka moka".  María Soler.


Anímate e participa!



mércores, 1 de decembro de 2021

CIENCIA QUE CONTA

 Rematou o mes de novembro e recompilamos todas as actividades que fixemos este mes sobre ciencia.

En primaria, a actividade consistía en:

Explicar algunha curiosidade científica, un fenómeno natural, o porqué dalgunha cousa, un experimento sinxelo, seres vivos/inertes, coidado do medio....e subilo á aplicación: Flipgrid 

PREME NA IMAXE PARA VER A ACTIVIDADE


En infantil, fixéronse varios experimentos:

- Mans invisibles que aparecen coa pintura.

 

-  Volcán en erupción.

  

- Sobres sorpresa. Adiviña o que hai dentro do sobre.

 


- Experimentamos co libro "Conta Comigo" de Miguel Tanco. As matemáticas están en todas partes.