"Biblioteca escolar, da información ao coñecemento"
Convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indaguen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento...
O primeiro que fixemos, foi un contacto coa nosa biblioteca:
- Formación de usuarios.
- Nomeamento de Axudantes de Biblioteca (para clasificar e colocar os libros nos andeis; segundo os códigos)
- Establecer os horarios de préstamo.
- Hora de ler, a través das "mochilas viaxeiras", para o fomento da lectura nos máis pequenos/as.
Nun segundo momento, aproveitaremos a celebración do "Día das Bibliotecas escolares"
Para presentar o PDI deste curso: "Galicia, Terra Meiga", coa idea de que o noso alumnado aprenda a transformar a información en coñecemento, divertíndose.
Pretende ser unha invitación a mirar a Galicia con ollos de explorador/a e descubrir a máxia que agocha. A través de:
- O recuncho das meigas.
- O camiño das estrelas.
- A Pedra que fala.
- O bosque encantado.
- O mar das lendas.
- O lume das tradicións.
O equipo de biblioteca, guiará as experiencias de aprendizaxe ao longo dos trimestres.

