martes, 24 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA E A ÁRBORE

 O 21 de marzo celebrouse o día da poesía. Nestes días estivemos a facer actividades con este xénero literario e aproveitamos para conmemorar o día da árbore, que tamén se celebra ese día.

- Obradoiro de poesía (5º e 6º de primaria). 

Combinatoria de versos libres a partir de textos do xornal, escollemos palabras dun artigo e con elas compoñemos poemas.

- Poema flor.

En tiras de papel de cores, escribimos versos formando flores.


- Lecturas de poemas e solta de bolboretas.

Os nenos e nenas de 2º de primaria, fixeron uns poemas e debuxos para agasallar ao alumnado de infantil. A partir dos debuxos creamos uns versos.

A caixa agasallo foi unha gran sorpresa. Bolboretas voadoras que tamén aparecen nos libros de poesía....      A ver se tes sorte de atopalas!






- Poemas Forma, para celebrar o día da Árbore.

Os nenos e nenas de 4º de primaria, déronlle a estes poemas formas da natureza, tamén gravaron un víedo no noso entorno, entre árbores, para celebrar o día da árbore.





- Decoración da palmeira do patio con bolboretas cosidas (material funxible)." Día da árbore"


- College de versos.

Poesía creativa
O alumnado de 3º e 5º de EP escribe poesía combinando palabras escritas por outro autor/a. O primeiro paso é seleccionar unha páxina da revista Papagaio, logo escollen 8 palabras que lles interesen... poñen a traballar a súa creatividade e crean un poema.


- Desconxelamos a primavera.

Os nenos e nenas de 2º de primaria desconxelaron a primavera, descubrindo letras para formar a palabra PRIMAVERA.




venres, 20 de marzo de 2026

CONTACONTOS MUSICAL "O LOBO FELIZ"

 Hoxe os alumnos/as de infantil ata 4º de primaria, disfrutaron dun contacontos musical sobre o conto "O lobo feliz",  amenizado polo escritor do libro, Miguel Guido.

Celebramos así o día "Internacional da narrativa oral".



venres, 13 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA

 Dende o equipo de biblioteca, señalamos a semana do 9 ao 13 de marzo como "Semana da Prensa", para traballar sobre o xornal, o corpo da noticia, escribir noticias... 

Expuxéronse na cortiza da biblioteca, modelos para compoñer o xornal de LEMUNDI.

E outra exposición de revistas e xornais.






mércores, 11 de marzo de 2026

#8M

Con este vídeo creado coa música de Guadi Galego, comezamos a celebración do día da Muller. A nosa homenaxe a todas as Matriarcas, fortes, polifacéticas, resilientes, conquistadoras, brillantes, tenaces, divertidas...


BOLBORETAS PARA COSEDURA. 

Na biblioteca creamos un recuncho de cosedura.
Recortamos bolboretas de cartón coa cortadora láser e tamén imprimimos pezas en 3D.
O alumnado borda a súa bolboreta que logo colgaranse polo centro.



LECTURAS POLA IGUALDADE.

O alumnado de 6º de primaria, durante a semana do 9 ao 13, na biblioteca compartiron lecturas co resto do alumnado do cole. 
Lecturas pola igualdade  dando pé á reflexión.



Despois de ler "Daniela Pirata" de Susanna Isern y Gómez, os nenos/as de 4º de infantil, decoraron o seu pano pirata.


MULLERES IMPORTANTES.

O alumnado debuxou ou escribiu sobre mulleres importantes para ele/as.


POLAS QUE FALTAN.

"Existen Mulleres que fixeron grandes aportación á ciencia, á arte, ás matemáticas, ao deporte, aos dereitos humanos... ocultadas ao longo da historias tralos seus maridos, irmáns, pais, mentores..." Inspirándonos na canción de Mafalda - Las que faltaron o alumnado de 5º e 6º de EP realizou un traballo de investigación para sacar á luz unha pequena mostra de mulleres activistas e investigadoras que, coas súas aportacións, acadaron un mundo máis desenvolvido e igualitario.


Difundamos os seus nomes para que nunca máis falten. Fai clic na imaxe para ver os traballos de investigación do alumnado.


SOMOS MEIGAS

Música & Poesía
Anna e Olivia de 6º de EP, as compositoras desta canción, cantan e acompañan co ukelele.