martes, 22 de xuño de 2021

XOGOS AMBIENTADOS NO MEDIEVO PARA DESPEDIR O CURSO

 O luns e martes, organizáronse xogos ambientados no medievo para dar por concluído o Proxecto Didáctico Interdisciplinar: "A Idade Media" e así despedir este curso da maneira que máis nos gusta: XOGANDO.

Repartimos os patios por recantos e actuamos en grupos burbulla no seguinte circuito de xogos:

  • Obradoiro indiaca.
  • Torneo cooperativo.
  • Bolos
  • Carcassone ( Xogo de mesa)
  • Encesta no castelo.
  • Xadrez  (Cabalos e reis).
  • Busca na area o cabalo-cabaleiro-escudo. Ollo co dragón ! (Xogo de tacto).
  • Pinta o dragón con pataca en equipo.
  • Ponlle coroa, ollos e barba ao rei, ás ordes dos teus compañeiros  (Xogo de orientación).
  • Carreira de rás.
  • Tiro con arco.

Unha recompilación destas xornadas lúdicas.

xoves, 17 de xuño de 2021

GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

 Estamos  rematando este curso e dende a Biblioteca queremos recomendarvos unhas lecturas para soñar ao aire libre no verán.

luns, 17 de maio de 2021

XELA ARIAS a diario

 Ó longo da semana, completouse unha exposición de retratos do noso alumnado, inspirados nos versos de Xela Arias. Os marcos dos retratos realizáronse nun obradoiro con materiais reciclados.

Poemario: "Darío a diario"

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.



Carteis de Xela Arias, decorando a entrada do cole.


                   
Unha recompilación de actividades como: recitado de versos, cancións, bailes...

PREME NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES


A biblioteca creativa sorprendeunos: Robótica, poesía e impresión 3D

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA BIBLIOTECA CREATIVA
 Actividades organizadas polo equipo de Biblioteca. biblioteca creativa, ENDL e AAEE.

mércores, 28 de abril de 2021

TEATRO DE MONICREQUES: "As Fabas Máxicas"

Teatro en  streaming e lingua de signos, ofertado pola Afundación, dentro do programa: Teatro para escolares. 

Coa obra: "AS FABAS MÁXICAS" de Caramuxo Teatro.

Este espectáculo en directo, contado en primeira persoa con monicreques, acércanos a unha nova versión do coñecido conto infantil: " Xan e as fabas Máxicas". 
Do que gozaron o alumnado de infantil e 1º de primaria, como alternativa ao teatro presencial.


luns, 26 de abril de 2021

5ª CITA, CLUB DE LECTURA.

"A lagoa das rapazas mudas" de Fina Casalderrey e ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento, as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralinguüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dos temas abordados nesta formidable novela.

RESUMO:

Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela., son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.

Nesta cita, comparamos a situación da protagonista coa realidade nas aulas.
O libro gustou moito, tanto como para recomendarllo a outros compañeir@s.


venres, 23 de abril de 2021

ILLA LIBRARIA

 En illa Libraria, atópase a lagoa das Metáforas, a aldea dos Personaxes Fantásticos, a península da Realidade, o río da Sabedoría, o bosque das Palabras Fermosas, os retos literarios, Bookstagrammer, Hospital de libros, libros infinitos...

Gazas aos seus mapas e maquetas logramos gozar dun xeito creativo o 

"Día do Libro".


   


Reto literario:


Bookstagrammer: 


Roteiro por: Hansel e Gretel, D. Quixote, Platero, Moby Dick ... Ao rematar cada personaxe a cadansúa casa.



Hospital de libros: 
Ao longo da mañá a Dra. Cecila atendeu tódalas emerxencias  que se produciron nas bibliotecas de aula en infantil. Auscultou, tomou a febre aos libros e administrou algún paracetamol.

Tamén a Dra. Cecilia, puxo aos nenos/as e profes a vacina para coidar e querer máis aos libros.

No día do libro non faltaron 

"Lecturas intuitivas, POR ... E CON sorpresa"


Como facer un conto infinito paso a paso.




FELIZ DÍA DO LIBRO !

mércores, 14 de abril de 2021

Señores pasaxeir@s á Biblioteca!


 Co lema deste curso "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" iniciamos un curso sen rumbo ... pero chegando case a destino, a través dos libros da Biblioteca, viaxamos por paisaxes  fantásticas creadas polos escritor@s e trasmitidas por lector@s como nós, así descubrimos e situamos outros mundos.

Mostramos unha recompilación de actividades realizadas ao longo do curso, algunhas delas xa publicadas no blog: Por un Nadal en familia (guía de lectura), #11F A nena na ciencia, Ruada de entroido .

sábado, 27 de marzo de 2021

FELIZ DÍA DO TEATRO!

 Queremos dar visibilidade a este día pola importancia que ten para o ser humano "Contar, dramatizar e sentir historias".

Disfrutade con esta pequena representación do libro "Os catro Amigos"  Jakob & Wilhelm Grimm. En teatrillo con monicreques.


mércores, 24 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

 Celebramos o día da poesía, seleccionando libros de poesía para o expositor poético, recitando poemas, xogando co escornabot rimeiro, poemas debuxados,  exercicios poéticos...

- EXPOSITOR POÉTICO


- MURAIS DE POESÍA E POESÍA [@] [r] riscada.



- Beetboot RIMEIRO BUSCA A RIMA POLO TABOLEIRO.

- POEMA DEBUXADO DO LIBRO "FAFARRAIOS" de Gloria Sánchez.


O fío desta obra son os números -ou fafanúmeros-, que nos levan polos trinta e tres poemas que constitúen este libro. Unha parte desas composicións baséase fundamentalmente no ritmo e na musicalidade; outras pasean personaxes fantásticos, piratas, bruxas, lobos feroces, dragóns ou vampiros, ou recrean contos de reís e princesiñas; outras xogan con crocodilos, abellas, pombas ou galiñas; outras sentan á mesa con obxectos máis cotiáns, como os garfos ou os coitelos; outras, en fin, abordan o consumismo ou a ecoloxía.O conxunto resulta un libro ben construído, que emprega recursos da literatura popular de tradición oral en perfecta simbiose coas técnicas máis actuais, polo que supón unha excelente aproximación á poesía para os primeiros lectores.





-EXERCICIO POÉTICO DE FRAN ALONSO.


- RECITADO DE POEMAS de Rosalía de Castro e Leire Bilbao.

* Rosalía de Castro: 

"Vente Rapaza"

* Leire Bilbao, do libro "Bechopoemas e outras Bestas"

"Os Ratos nos calcetíns"

" Tiburón da boca sucia"

"Contando ovellas"


xoves, 18 de marzo de 2021

20 de marzo, "DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL"

 Dende a biblioteca queremos conmemorar o "Día internacional da narración oral", con esta actividade no Kamisihibai e coa narrativa de fragmentos da obra medieval,  "El Conde Lucanor" Don Juan Manuel.


"...En esta colección de cuentos, don Juan Manuel nos ofrece una gran diversidad de situaciones y de tipos humanos que recrean vivencias que los seres humanos han podido experimentar en cualquier momento de la historia, incluso en la actualidad, y de las que siempre podemos aprender."





Recomendámosvos para os máis pequenos/as, este Álbúm que desperta os cinco sentidos, a imaxinación e as miles de narracións que poden facer os nenos/as das páxinas do libro. Trátase de: " El Álbum de Adela" de Claudi Ponti.


luns, 8 de marzo de 2021

4ª CITA CLUB DE LECTURA

 Nesta cita, os membros deste club de lectura intercambiaron impresións sobre o libro : "Bechopoemas e outras Bestas" de Leire Bilbao e participaron nun obradoiro de Poesía @[r]riscada. Unha estratexia interesante para crear poemas. Consiste en riscar palabras dun texto e deixar á vista outras que nos inspire un poema.

Un divertido libro de poesía infantil

...Voan, nadan, reptan e ruxen poeticamente. Nestes versos divertidos e rebuldeiros habitan coñecidas criaturas que nos sorprenderán co seu enxeño e orixinalidade.




Así foi a sesión...


Próxima cita... no mes de abril, comentaremos o libro: "A lagoa das nenas mudas" Fina Casalderrey.

8M

O alumnado de 6º pintou estas pancartas con lemas e debuxos que poñen en valor a loita pola igualdade e a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade.



O alumnado de 3º traballou os adxectivos, buscando os que acaen á muller.

En infantil, marcapáxinas e acto simbólico coas pulseras 8M.





mércores, 17 de febreiro de 2021

ROSALÍA DESCONFINADA

O 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro e queremos homenaxeala realizando a seguinte actividade:

Gravade e achegade un vídeo curto con música a partir dun poema de Rosalía. Podedes cantar, movervos libremente cunha das cancións, ler con ritmo un poema, facer a vosa propia versión, unha presentación de diapositivas… Debido á situación que estamos a vivir, propoñémosvos realizala nesta semana dende os fogares e animámosvos a que participedes todas/os. Esperamos os vosos vídeos!


Xa están aquí os vosos vídeos. Preme na imaxe para velos polo miúdo.



E para entreterse descubre a Rosalía de Castro realizando estes quebracabezas. 

NIVEL I

NIVEL II


Primeiros detalles da impresión 3D



Cos debuxos dos nenos/as compúxose "ROSALÍA 3D"


 
 
Pins de Rosalía   en 3D

 
Exposición  Rosalía


Canción-xogo, coa poesía de Rosalía de Castro e coa base musical da canción "Borboletinha".



venres, 12 de febreiro de 2021

ENTROIDO MEDIEVAL

 Comezamos a semana do entroido cos mandados do meco, ambientado na Idade Media, tema do proxecto deste curso.


Ambientación: Entrada á Biblioteca e espazos comúns do cole.






Exposición de libros relacionados co tema.


Libro lapelas sobre curiosidades da Idade Media




Desfile Medieval
                                                 
                   
Tamén, durante a semana de Entroido, estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.

Co libro guía "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espíritu desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais.

Material para xogar: un taboleiro co mapa da provincia de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.


 
Nós no xornal 
 

 

xoves, 11 de febreiro de 2021

11F-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 A Organización de Nacións Unidas, estableceu o 11 de febreiro, como "Día internacional da muller e a nena na ciencia", co fin de recoñecer o papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover o acceso das mulleres e nenas  á educación, investigación, tecnoloxía, inxeñería e matemáticas.

 Aprende pola túa conta con esta presentación de vídeos: "11F ciencia en feminino",  Para axudar ó escornabot a localizar a procedencia das científicas e a súa aportación á humanidade.


Xogo xeográfico e científico con escornabots. Tras ver a presentación, cada xogadora ou xogador ten que programar o escornabot ata o país de orixe de cada investigadora. Material necesario: un planisferio, taboleiro, 4 escornabots situados nos puntos cardinais e tarxetas de científicas.

luns, 8 de febreiro de 2021

3ª CITA CLUB DE LECTURA

Na terceira reunión do club de lectura, estes alumnos de 5º comentaron a obra de Manrique Fernández "Hermes, aprendiz de mago" un texto teatral que gustou á maior parte do grupo.

Por parellas remataron a sesión cunha lectura dramatizada dalgúns momentos salientables da obra.                                                                                                                         

"Hermes, aprendiz de mago", Manriquez Fernández

Velaquí a historia dun mago zoupón, que case que todo o que fai... sae mal.

Así e todo, ten ganas de aprender. Unha obra divertida onde os pucheiros, as vasoiras e as partes todas da casa falan e volven máis tolo aínda o noso protagonista.




Próxima cita... no mes de marzo, comentaremos o libro "Bechopoemas" de Leire Bilbao.
Anímate!!

sábado, 30 de xaneiro de 2021

SOLUCIONAMOS CONFLITOS PACIFICAMENTE

 O 30 de xaneiro celebramos o "Día Internacional da Paz e Non Violencia" ...Apostamos por unha conduta proactiva a favor da Paz e a resolución pacífica de conflitos.


Podes encontrar na Biblioteca lecturas para estes días. 

Coas lecturas elexidas faremos un concurso de "Banda deseñada" e un "Escape Book" con macroviñetas que terás que ordenar, sobre unha historia adaptada do libro: Pelea en el cole de Ingrid Chabbert.





"Escape Book", resolve estes retos e chegarás a ordenar as viñetas do libro: Pelea en el cole.


Viñetas desordenadas
 

BOOKtubers, recoméndanvos o libro: Os de arriba e os de abaixo. Paloma Valdivia.

Colaboran alumnos/as de 3º e 2º de primaria.

 

Preme na imaxe para ver o obradoiro de impresión en 3D





domingo, 24 de xaneiro de 2021

OBRADOIRO STEAM

 Entra na sección de Biblioteca Creativa para ver os obradoiros:

- Robótica básica. De cando o pincel e o lapis se enfadaron e non quixeron compartir cadro.
- Electrónica básica e programación con microbit: Programando o Universo.


Actividade impartida polo Servizo Educativo de Afundación.