xoves, 8 de xuño de 2023

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

 Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras para este verán.

luns, 29 de maio de 2023

SEMELLANTES E SIMETRÍAS

Adaptación dun texto de libros de lecturas antigas. 

O guerreiro do Amencer e o guerreiro do Solpor combatían ata que o sol os puxo de acordo. A partires de entón, os dous gerreiros voan xuntos ao solpor , convertidos nunha fermosa bolboreta. 

Escenificado na mesa de luz.



venres, 26 de maio de 2023

"FEO" de Caramuxo teatro

O alumnado de infantil, asistiu ao auditorio municipal para ver a obra de teatro "FEO" da compañía Caramuxo teatro, dentro do programa de actividades escolares Afundación.

Inspirado no conto "O Parrulo Feo" de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma (Papero Giallo) produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...

A obra é un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.


xoves, 18 de maio de 2023

COCIÑA SAUDABLE

 "Cociña saudable", formaba parte do contido do PDI, que desenvolvimos ao longo de todo o curso.

O xoves 4 e 11 de maio ás rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.


RECEITAS SAUDABLES E REFRESCANTES:

- Ensalada de garavanzos, (Garavanzos, leituga, tomate cherri, atún, olivas, aliño ao gusto).



- Limonada, (Auga, zume de limón e sirope de ágave).



xoves, 27 de abril de 2023

3ª CITA CLUB DE LECTURA

 Nesta nova cita do club de lectura, comentouse o libro "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas.

Logo, escolleron algún dos seus libros favoritos para recomendarllos aos seus compañeiros/as.



luns, 24 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Durante esta semana, para conmemorar o día do libro, fixéronse actividades diversas:

- Apadriñamento lector.  As lectoras e lectores ocupáronse de ir buscar aos seus pequenos, saír a un recuncho do patio e pasar un rato lendo, imaxinando e intercambiando contos.


- "Comida de cuento" de Arancha Perpiñan. Despois de ver o conto , os nenos/as de 1º, programaron o beebot para asociar cada conto clásico co seu alimento e mentres o beebot facía o percorrido contaban un pequeno resumo ou anécdota do conto. 

En infantil asociaron cada conto co seu alimento, programando o escornabot.






- ... Instruccións para curar un libro doente. Seguindo as indicacións de Paula Carballeira, nenos e nenas de 5º de primaria, visitaron as clases de 2º,3º e 4º, para recomendarlles como coidar dos libros.

- Como tódolos anos polo Día do Libro, a Dra. Cecilia, visitou as aulas de infantil para comprobar o benestar das bibliotecas de aula. Despois de medir a febre aos libros, tomarlles a tensión, vacinar contra o mal trato... chegou á conclusión que o alumnado de infantil sabe moi ben como coidar e disfrutar dos seus libros; por iso levaron o distintivo "Corazón Verde", a máxima puntuación.


- Materiais elaborados.

mércores, 29 de marzo de 2023

MUSEO ENCAIXADO

 Xa estamos preparando as nosas creacións para conmemorar "O día da Arte" (15 de abril). 

O alumnado de 1º de primaria coa axuda da súa mestra, versionou obras moi coñecidas reciclando materiais e montaron o seu propio Museo Encaixado. O resto do alumnado do centro participou nunha visita guiada e actividades creativas.

ARCOvista, é  arte contemporáneo que o alumnado de infantil foi creando  a partir dun elemento de reciclaxe.

- Medusas en papel absorbente, pintadas con goteiros.
- Muros decorados en estructuras de reciclaxe (Debuxo modular).
- Semicírculos de cartón que inspiran arte.



mércores, 22 de marzo de 2023

VERBATECA-LABORATORIO DE PALABRAS

 Esta actividade ofertada polo concello de Ourense, consiste en promover xogos para fomentar a observación, memoria, expresión oral, corporal e coñecemento de palabras en lingua galega así como motivar á lectura por medio da oralidade.

A través de retos os nenos/as conseguiron superar tódalas probas.


Foi moi divertido aprender e recordar palabras en galego!

luns, 20 de marzo de 2023

DEGUSTANDO POEMAS

 Quédanos unha semana por diante para celebrar o día da poesía e xa se están cociñando algúns poemas para a súa degustación. 

Propoñemos: Xogos con poemas, recollidos na seguinte UD.

CONTIDO DA UD:

- Emparella versos saborosos

- Crea os teus propios "Poemas para merendar"

- Ordena os versos do Poema "Liñas ao Roquefort" de J. Antonio Ramírez Lozano.

- Completa o poema...

-Versionamos "Cea para dous" de Marga Tojo

- Metáforas que alimentan

- Caligrafía Creativa


Algúns adianto: Recitando e interpretando poemas.

- "Cea para dous" poema recollido no libro "Cara de Velocidade" de Marga Tojo. 

Interpretado polo alumnado de 1º de primaria e colabora Camilo, responsable do comedor.


- "Liñas ao roquefort" poema recollido no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.

Recitado e interpretado polos alumnos/as do club de lectura de 6º de primaria.


- Taller de escritura creativa (lettering)


"Cocido de ceros"  e "Bufanda ao pescozo" poemas recollidos no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.

Recitados e interpretados polos alumnos/as de 4º de primaria.





- "Misión especial no comedor escolar" Poema recollido no libro "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de Jose Antonio Ramírez Lozano.
Recitado e  interpretado polos alumnos/as de  infantil.




- "As árbores alimentan" un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.

O alumnado de 3º signa e recita o poema  en Lingua de Signos, 
As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.



- Menú de Poesía. Os alumnos/as de 5º de primaria presentáronnos o restaurante da biblioteca, onde podemos degustar o menú de poesía por un prezo accesible.

venres, 17 de marzo de 2023

DIA DO CÓMIC

Os vosos compañeiros/as fixéronvos unhas recomendacións de cómics por si queredes pasarvos pola biblioteca e disfrutar destes días lendo historietas.





luns, 13 de marzo de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras de 6º de infantil, xa están de volta no colexio, cheas de experiencias, actividades e un anaco das familias.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLO VOSO TEMPO DE LER!


 

venres, 10 de marzo de 2023

CONTACONTOS IGUALDADE

 Esta mañá o alumnado de infantil e 1º de primaria, disfrutaron do contacontos: "A Gran Pequena Inventora", da compañía, Trémola Teatro. Ofertado pola concellería de igualdade, co gallo de celebrar o 8M.



xoves, 9 de marzo de 2023

ECONTROS CO AUTOR

 Os alumnos/as de 5º de primaria, xunto con outros colexios, participaron no programa de animación á lectura: Encontro co Autor, "A Gruta da Torre" de Lois Pérez.

 Organiza o concello de Ourense.

Os nenos/as fixeron traballos e interpretacións e agora encóntranse co escritor.



xoves, 23 de febreiro de 2023

LECTURA POR SORPRESA

 Hoxe Rosalía entrou nas aulas por sorpresa para ler e invitar a ler algúns dos seus poemas, recollidos no libro: "Rosalia Castro e os nenos" de Luís Iglesias de Souza.

En infantil tamén houbo lecturas por sorpresa.



... I este meniño 

que teño no colo,

despois de lavalo

parece un repolo.

(Rosalía de Castro)


Máis actividades do día de Rosalía na web do centro: Rosalía pequeniña en linguaxe de signos

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

xoves, 16 de febreiro de 2023

ENTROIDAR NA BIBLIOTECA

 O entroito tamén serve para explorar na biblioteca. Hoxe os nenos e nenas de 1º de primaria, buscaron nos andeis da biblioteca libros, vídeos que conteñen historias relacionadas cos seus disfraces. 



domingo, 5 de febreiro de 2023

2ª CITA LECTURA

 O club de lectura de 6º de primaria, utilizaron o método de Inquiry Thinking ou aprendizaxe reflexivo para debater sobre o libro: "El Gran Gigante Bonachón" de Roald Dahl.

O libro pareceulles orixinal e humorístico.


... Ten como protagonista a un xigante que se atopa cunha nena coa que compartirá vivencias e soños "embotellados"




Próxima cita do club de lectura


luns, 30 de xaneiro de 2023

RECEITAS DE PAZ

 Dentro da "Cociña festiva", do noso PDI, temos as receitas de Paz que con moito:  Amor, Tolerancia, Respecto, Amizade... imos degustar.

Inspirándonos no libro "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern.

 ...Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa. A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola.Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. 


Fixemos "A mellor sopa do mundo", fíxate nos ingredientes para saber facela e practicala ti.



- Do libro "Ring Ring...! Quien rima?" de Ana María Fernández. 

... Sus versos sirven de guía para visitar espacios muy diferentes y para hacer germinar sensaciones que ayudan a contemplar la realidad circundante con nuevas perspectivas.


Tomamos unha rima: A PAZ sábenos a ... 



Contacontos con:  ANXO MOURE

Anxo Moure, presentounos nun contacontos, ao cociñeiro intercultural Mohamed Quechua que vai a viaxar no seu veloz paztinete por todo o país, axudado por monicreques tecidos por cooperativas do comercio xusto. Cociñar cantos e contos sobre CONVIVENCIA e a SOLIDARIEDADE, promovendo o bailar das nenas e nenos en contra das gerras e a favor da PAZ.




Ambientación  pola PAZ





Todos e todas baixo o mesmo paraugas. 

Decoramos os paraugas con mensaxes e símbolos da PAZ, para facer xuntos unha danza pola paz.


PARA VER MÁIS PREME

martes, 24 de xaneiro de 2023

OUTRO XEITO DE ILUSTRAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 ILUSTRACIÓN CREATIVA

Con esta actividade o alumnado de 1º de EP converte diferentes vexetais en personaxes das súas historias- vístenos, píntanos, engádenlle complementos...- e fotografían a escena.

Cando asociamos os alimentos a actividades divertidas como son o xogo e a lectura estamos fomentando o consumo de alimentos saudables e nutritivos.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS



xoves, 19 de xaneiro de 2023

O CLUB DE LECTURA PONSE O MANDIL

 O club de lectura de 6º de primaria, ponse o mandil para cociñar e degustar unha receita do libro: "Grandes Receitas. O raposo Rufo" de Dani Viéitez e Iria Iglesias.

... Guacamole con nachos e gofres de plátano.

Grandes receitas continúa o camiño que comezou o raposo Rufo con Receitas cativas. O principal cometido é achegar, unha vez máis, a nenos e nenas á cociña. Involucralos na elaboración dos pratos que, de seguro, despois comerán con máis gusto.






luns, 9 de xaneiro de 2023

CONTO DE NADAL, Buscando a inspiración!

 Escrita creativa

O alumnado de 3º de EP transformou o conto de Nadal "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis" nunha historia totalmente diferente.

Cun encabezamento común: Cando Martiño espertou á véspera de Reis, asomouse á ventá do seu cuarto e saudou todo contento a....

O día antes de Reis, quen pode aparecer na casa de Martiño? Que aventuras vivirá?