sábado, 24 de outubro de 2026

"DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

    Ao longo da semana do 26 ao 29 de outubro, no horario 1º e 2º LECER, acompañados polo equipo de biblioteca e titores/as de cada curso, a nosa biblioteca convertirase nun espazo activo de interación e xogo relacionado co PDI deste curso:

 "Galicia, Terra Meiga", para conmemorar o "Día das Bibliotecas escolares".  

Intentaremos explorar e descubrir a Galicia máxica, a través da búsqueda de información (libros da exposición e plataformas dixitais).

Serán actividades lúdicas relativas a libros como: “Bruxa e familia”, de Paula Carballeira, “O señor mago e a folla”, de Toño Núñez; “Medo me dá”, de Ramón Veiga; “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, de Ledicia Costas; e outros libros da exposición-

Estas actividades abranguen pasatempos como:

  • Xogos de lóxica (consistente en emparellar obxectos iguais sen que se crucen as liñas)

  • Encrucillado enmeigado con palabras do conto “Queda sitio na vasoira”, de Julia Donaldson (As palabras non aparecen en liña recta!)

  • Pescuda de títulos nunha listaxe de palabras

  • Nomes de autores para completar ( por exemplo, P _ tr_ c_ _ M _ ll _)

  • Letra a letra de meigas e trasnos (Xogo con pistas para adiviñar personaxes de libros de medo)

  • Crebacabezas de cubertas de libros relativos ao tema do PDI, localizables no expositor da Biblioteca.

  • Investigación e decoración con seres máxicos de Galicia :Meigas, mouras, trasnos. Santa Compaña, lobishomes, coca, nubeiros, as xacias, fadas... 

  • Dramatización, sobre unha meiga que desexa ser fada, que prepara pocións cos cativos que a acompañan e que compartirá libros da súa biblioteca. (A cargo do alumnado de 1º de primaria coa súa mestra).

  • Elaboración de pócimas.

  • Saber máis sobre estes seres fantásticos: PANEL INFORMATIVO BIBLIOTECA.



mércores, 21 de outubro de 2026

"BIBLIOTECA ESCOLAR, DA INFORMACIÓN AO COÑECEMENTO"

A asesoría de Bibliotecas escolares, propón para este curso 2026/27, o lema:
  "Biblioteca escolar, da información ao coñecemento"

Convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indaguen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento...

O primeiro que fixemos, foi un contacto coa nosa biblioteca: 

- Formación de usuarios.








- Nomeamento de Axudantes de Biblioteca (para clasificar e colocar os libros nos andeis; segundo os códigos)

- Establecer os horarios de préstamo.

- Hora de ler, a través das "mochilas viaxeiras", para o fomento da lectura nos máis pequenos/as.




Nun segundo momento, aproveitaremos a celebración do "Día das Bibliotecas escolares"
Para presentar o PDI deste curso: "Galicia, Terra Meiga", coa idea de que o noso alumnado aprenda a transformar a información en coñecemento, divertíndose.

Pretende ser unha invitación a mirar a Galicia con ollos de explorador/a e descubrir a máxia que agocha. A través de:

- O recuncho das meigas.
- O camiño das estrelas.
- A Pedra que fala.
- O bosque encantado.
- O mar das lendas.
- O lume das tradicións.
O equipo de biblioteca, guiará as experiencias de aprendizaxe ao longo dos trimestres.

venres, 19 de xuño de 2026

TEATRO NA BIBLIO

 O alumnado de 4º de primaria coa súa titora, para rematar este curso, sorprendéronnos cunha obra de teatro "O cazador de lebres" . Estivo moi divertida.

NORABOA!



martes, 16 de xuño de 2026

LAPBOOK

 Os nenos/as de 4º de primaria, traballaron en equipo, investigando sobre animais e elaboraron este libro despregable, interactivo para mostralo aos seus compañeiros/as de curso e aprender de xeito máis lúdico. Produto final PDI "Animaliños".




luns, 15 de xuño de 2026

LIBRO VIAXEIRO

 O alumnado de 4º de primaria, queren amosarnos o seu libro viaxeiro cheo de valores, utilizando a temática: "Animaliños" (PDI deste curso). Quedará na biblioteca á vosa disposición.




venres, 12 de xuño de 2026

BOAS PRÁCTICAS NO MAR

 O alumnado de 2º de primaria, creou esta ruleta de xogo, para sumar puntos con boas prácticas no mar: "NON TIRAR BOLSAS DE PLÁSTICOS", porque son dañinas para as tartarugas. Produto final PDI "Animaliños"