luns, 16 de maio de 2022
FESTA DAS LETRAS
venres, 22 de abril de 2022
ECOlibros
martes, 22 de marzo de 2022
E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares
E-LBE.2 é un novo servizo que poderán ofrecer as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE.
Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquecerá as coleccións das bibliotecas escolares cun volume inicial de máis de 3000 títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios das bibliotecas escolares.
Para facer uso da plataforma podedes acceder a través da imaxe:
luns, 21 de marzo de 2022
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo, celebramos o "Día da Poesía". As actividades programadas para realizar estes días foron:
- Recitado de Poesía: Os ratos nos calcetíns, O tremendo susto da curuxa e A tartaruga, do libro "Bechopoemas e outras bestas" de Leire Bilbao.
"Os ratos nos calcetíns"
"A tartaruga"
"O tremendo susto da curuxa"
- Adaptación da técnica do "Cadáver exquisito".
- POETIGRÁMATE, xogo de creación literaria, no que de deberán empregar: categoría gramatical e recursos estilísticos, para a súa creacion literaria.
- Comic poetry, basado nun poema do libro "Fafarraios" de Gloria Sánchez.
mércores, 16 de marzo de 2022
XEOPLANO DE RECICLAXE
Pensar, deseñar, decorar, xogar... na Biblioteca Creativa.
Realizouse un "Taller de Xeometría", para crear un xeoplano con material de refugallo.
Preme na imaxe para ver paso a paso a elaboración do xeoplano.
Actividade dentro do PDI "ECOmundi"
luns, 14 de marzo de 2022
4ª CITA CLUB DE LECTURA
Despois de intercambiar opinións sobre o libro "Mares de plástico" de Ana Alonso. O Club de lectura de 6º, participou na confección dunha caixa de xogos sobre o tema que trata o libro. Tamén reflexionaron sobre a cantidade de lixo que producimos e vai parar aos océanos.
"Mares de plástico" de Ana Alonso.
Además de disfrutar de la lectura los alumnos aprenderán sobre la acumulación de plásticos en el mar y las medidas que pueden adoptarse para frenar este problema medioambiental.
A nosa protagonista feita con arxila e casca de ovo de paspallás.
"A lagoa das nenas mudas" de Fina Casalderrey.
venres, 11 de marzo de 2022
SEMANA DA PRENSA
Remata a semana da prensa, con este mural "BOAS NOVAS". Buscaron no xornal, identificaron e clasificaron noticias segundo o tema: Educación, cooperación e ecoloxía.
martes, 8 de marzo de 2022
VOCES BRAVAS
Celebramos o "DÍA DA MULLER", tendo moito que dicir sobre mulleres na historia. Palabras-frases reivindicativas sobre: Igualdade, dereitos, a paz, contra a violencia, liberdade...
ACTIVIDADES:
- Quen e Quen? Xogo para identificar ás mulleres polo seu legado na historia.
- Algo que dicir.
- Algo que contar.
"Monstro Rosa" (Trata a diversidade e a liberdade) e "Monstro Azul"(Trata o respecto, convivencia e empatía) de Olga de Dios.
"Que lles pasa? ás princesas" de Felicia Redondo.
... están fartas de facer sempre o mesmo. Xogo de atención, co escornabot, para buscar no taboleiro os príncipes ras iguais.
- Recuncho reivindicativo, na entrada do cole.
- Concentración pola Igualdade. Adicada ás mulleres máis importantes da nosa vida. Música de Rigoberta Bandini "Ay Mamá"
Biblioteca/Actividades Extraescolares
venres, 25 de febreiro de 2022
ENTROIDO SOSTIBLE E ECOLÓXICO
Desde os mandados do MECO, confección de disfraces na que colaboraron tamén as familias, e baile con coreografía ("Madre Tierra", de Chayanne), foi unha semana de ENTROIDO con mensaxe, para concienciar sobre a importancia de Reciclar, Reutilizar e Reducir para unha mellor saúde do noso planeta. (Actividades dentro do PDI "ECOMUNDI").
Os noso difraces foron:
- Súper Héroe-Heroína da reciclaxe (Plástico-Vidro-Papel)
- Trasnos do bosque.
- Espantallos de refugallo.
- Caixa-Robot.
- Tribo dos Kayapo (Traxes feitos de saco, inspirados no libro "A folla azul" de Andrea Maceiras).
A TRASTENDA DO ENTROIDO
mércores, 23 de febreiro de 2022
RECENDE A ROSALÍA
Hoxe o MECO estivo moi acertado, mandounos traer unha flor e un poema de Rosalía de Castro. Todo o colexio empapouse do recendo de Rosalía.
Lectura de poemas, retratos de Rosalía decorados con pétalos coridos de pensamentos, poemas da autora decoraron a entrada do cole e videoclips con poemas de Rosalía. Foron as actividades para celebrar o seu aniversario.
Videoclips con poemas de Rosalía:
RETO 8: Concurso de interpretación Día de Rosalía. Actividade EDIXGAL, materia de Libre Configuración "Laboratorio de Ciencias e Tic"
venres, 11 de febreiro de 2022
ENCONTROS COA AUTORA
O venres Andrea Maceiras, achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" .
A folla azul, de Andrea Maceiras.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Para este día descubrimos a Teano, matemática e filósofa do século VI a.C. membro da escola de Pitágoras.
Teano, empregaba crebacabezas xeométricos, feitos con tea, lá... nas súas clases.
venres, 4 de febreiro de 2022
3ª CITA CLUB DE LECTURA
O club de lectura de 5º, comentou o libro de María Solar, "Quokka Moka". Pareceulles moi cómico e gustoulles moito. Despois de valoralo, modelaron con plastilina, seres fantásticos que poderían habitar o mundo dos Mokas.
"Quokka Moka", de María Solar.
Los quokkas, una especie australiana de marsupiales en peligro de extinción, son los únicos animales del mundo que siempre sonríen. ¿Te imaginas un animal que sonríe todo el rato, pero que es realmente insoportable? Pues esa es nuestra Quokka Moka. Insoportable hasta hartar.
Un día, sin querer, extermina a su especie. Solo sobreviven ella y su sonriente abuela, que, por cierto, está muy enfadada. Las dos, con la ayuda del espíritu del sapo Roco, su mejor amigo, deben ir al Antiuniverso en búsqueda de los quokkos para intentar recuperar su especie.
Una divertida aventura entre el mundo del derecho y el mundo del revés.
"El Gran Gigante Bonachón" de Roald Dahl.
... Aquella noche Sofía no lograba dormir, se lo impedía la luz de la luna que entraba por el dormitorio. A pesar de estar prohibido levantarse de la cama, se puso en pie y se acercó a la ventana. Entonces vio horrorizada que algo muy alto y muy negro y muy delgado se aproximaba por la calle. Era el Gran Gigante Bonachón, que la envolvió en una sábana y se la llevó al país de los gigantes.
martes, 1 de febreiro de 2022
DÍA DA PAZ. "NON HAI FRONTEIRAS"
Con esta canción "Terra", das Tanxugueiras que reivindica a
diversidade, a integración, pero tamén a diversión por medio do canto e do
baile, animamos a semana da Paz, para rematar cunha coreografía
todos/as xuntos/as no patio.
Máis información
Todos os traballos e actividades foron expostas na entrada do colexio.
O fío condutor foi a reciclaxe, reutilizamos un expositor para decoralo coa árbore e metáforas de Paz.
Botellas cheas de amor ao planeta
Tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.
Máis información:
Xogo da Paz
Plantéxanse unha serie de situacións que terás que resolver, por exemplo:
1.- Unha das compañeiras do cole sempre está soa no recreo porque non lle
gusta xogar ao futbol. Que fago?
2.- A miña mellor amiga lévase mal con outra compañeira. Como actúo con
ela?
Para este xogo pódese consultar libros da biblioteca: Atlas, libros da sección 34 (convivencia), da caixa Inclúe-T ou da colección de Intermón-Oxfam ...