mércores, 12 de febreiro de 2025

"ENCONTROS CO AUTOR"

Os alumnos/as de 5º de primaria, participaron hoxe, na actividade "Encontros co autor" do programa Animación á lectura do Concello de Ourense.

Disfrutaron con Abel Tomé, autor do libro "Milú e  o edificio das persoas extraordinarias".






martes, 11 de febreiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 O 11 de febreiro, conmemórase a igualdade e empoderamento das nenas e mulleres na ciencia, por iso hoxe tocou ser científicas.

As mulleriñas científicas, crearon unha balanza con material de refugallo, logo fixeron actividades matemáticas de peso.


Para máis información e recursos sobre este día ...






xoves, 30 de xaneiro de 2025

A PAZ NACE NO CORAZÓN

 A Coordinación de biblioteca, actividades extraescolares e normalización lingüística, organizaron para celebrar o "DÍA DA PAZ", as seguintes actividades:

- Elaboración de banda deseñada sobre libros con temática de Paz ou de propia creación (Construíndo a Paz).

- Retos de atención, descubrir que libro falta no "POST" da biblioteca.

- Campeonato de tres en raia, con taboleiros impresos na impresora 3D.

- Mural símbolo da Paz, elaborado con corazóns, entre todo o alumnado.

- Manualidades, debuxos, danzas, cancións, poemas, manifestos relacionados con este día.

Banda deseñada

Retos de atención


Wangari e as árbores da Paz



Taboleiros 3D

Manifestos



VER MÁIS

mércores, 29 de xaneiro de 2025

CITA CLUB DE LECTURA "PINGUIÑAS DE FANTASÍA"

 O club de lectura de 4º, despois de comentar o libro: "A formiga coxa" de Marilar Alexandre, debuxou varias escenas desta historia.


Na próxima reunión,  o club "Pinguiñas de Fantasía", comentarán o libro: 
"O peto máxico" de Roberto Piumini.


...Nesta colección de contos coñeceremos a historia dun pirata bondadoso e a dun príncipe malcriado, a de dous pés que non paran de amolar o seu dono e a do inxenuo inventor que devece por voar... Uns contos están narrados en prosa e outros en verso, uns son humorísticos e outros marabillosos... Pero todos eles teñen algo en común: a defensa de valores morais como a xenerosidade, a gratitude, a solidariedade, a tolerancia e a diversidade.


venres, 24 de xaneiro de 2025

CITA CLUB DE LECTURA, 3º DE PRIMARIA

 Que pode desprazarse polo deserto sen beber auga? O club de lectura de 3º , despois de ler
"El camello de hojalata" de Gazi Abdel-Quadir, debateu e comentou o moito que lles gustou este libro.

... Samira vive con su abuela en las afueras de una gran ciudad. Nadie posee allí ni un miserable camello. ¿Por qué su abuela habla de rebaños y de camellos de hojalata? ¿Por qué odia al ingeniero del agua? Su tía le cuenta, por fin, la razón por la que abandonaron su pueblo. Y Samira comprende que no se puede sobreexplotar la tierra, y que hay que respetar la naturaleza y a los seres que habitan en ella.



mércores, 22 de xaneiro de 2025

AUDIOCÓMIC CON MAKEY MAKEY


Nesta actividade empregamos a placa Makey Makey e Scratch para crear cómics interactivos.

Partimos dun poema do libro inclusivo "nós outras" de Marica Campo. Primeiro converteron o poema elixido en cómic, logo programaron con Scratch, realizaron as gravacións orais e finalmente as conexións con Makey Makey. Mentres proban a interactividade do cómic investigan como funcionan os circuítos e comproban tamen a súa condutividade.



xoves, 16 de xaneiro de 2025

PEQUEMUNDI

 PEQUEMUNDI, é o noso PDI para este curso.

Será unha aventura por países e continentes. Aprenderemos da súa cultura ( música, literatura, tradicións, arte...), arquitectura, gastronomía, moda, flora e fauna, curiosidades... E o máis importante, como é o día a día dos nenos e nenas (Van á escola, que contos len, a que xogan...)


Xa comezou a aventura


mércores, 15 de xaneiro de 2025

CITA CLUB DE LECTURA

 O club de lectura de 5º de primaria, rematou o libro "Fábulas de Esopo" de Jerry Pinkney.

Disfrutaron cun conto breve de enxeñosa trama que comparten  o propósito de unir a verdade e a beleza coa sabedoría moral.


Próxima lectura: "Mil cousas Poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano.

... Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico.