luns, 23 de novembro de 2026

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Durante este mes, na biblioteca, tivemos unha exposición informativa sobre "MULLERES CIENTÍFICAS GALEGAS", "INVENTOS GALEGOS" e libros de ciencia, experimentos máxicos, ciencia cotiá...



Tomando ideas da exposición, nas aulas, experimentamos con elementos cotiás.

- "A unión fai a forza" (1º P)

Distribuíndo o peso, os espaguetes forzudos sosteñen un peso maior.

-  "Poción espumosa" (1ºP)

Un reactivo con xel, bicarbonato e vinagre.

- "Máxia"  (1ºP)

Facer desaparecer as bolboretas pintadas no vaso, foi arte de máxia. Usamos  rotuladores termocrómicos e auga quente.
 

- " Pintura comestible" (5º de Inf)

Os peques de 4 anos exploraron, desfrutaron e debuxaron, cunha pintura especial que fabricaron eles/elas mesmas; dous ingredientes: iogur natural e colorante alimenticio. Seguro que repetirán a experiencia!

- "Laboratorio de medida e peso" (Infantil)

A aula de ABN, converteuse nun laboratorio de medir, pesar e experimentar.