martes, 24 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA

 O 21 de marzo celebrouse o día da poesía. Nestes días estivemos a facer actividades para conmemorar este xénero literario.

- Obradoiro de poesía (5º e 6º de primaria). 

Combinatoria de versos libres a partir de textos do xornal, escollemos palabras dun artigo e con elas compoñemos poemas.

- Poema flor.

En tiras de papel de cores, escribimos versos formando flores.


- Lecturas de poemas e solta de bolboretas.

Os nenos e nenas de 2º de primaria, fixeron uns poemas e debuxos para agasallar ao alumnado de infantil. A partir dos debuxos creamos uns versos.

A caixa agasallo foi unha gran sorpresa. Bolboretas voadoras que tamén aparecen nos libros de poesía. A ver se tes sorte de atopalas!



- Poemas Forma.

Os nenos e nenas de 4º de primaria, déronlle a estes poemas formas da natureza.


- Desconxelamos a primavera.

Os nenos e nenas de 2º de primaria desconxelaron a primavera, descubrindo letras para formar a palabra PRIMAVERA.