xoves, 30 de maio de 2019

QUE SABES DOS DINOSAURIOS...?

Investigar sobre esta especie de animais extinguidos foi moi atractivo para o noso alumnado. 
Desde... como nacen, clasificación, aprendizaxe de nomes, curiosidades, exposicións de especies, maquetas, enquisas sobre o dinosaurio preferido, receita para elaborar un ovo de dinosaurio...



Votación en infantil: Dinosaurio preferido




sábado, 18 de maio de 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Durante esta semana desenvolvéronse diferentes actividades para celebrar as Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Antón Fraguas Fraguas polo  seu compromiso coa nosa Lingua.

- Canto sabemos ... Resolvendo os encrucillados.




     
Xogo de memoria: emparella as "Maruxiñas-Pepiños", para aprender etnografía, xeografía e historia de Galicia.
                                


- Actividade plástica: Cartel retrato de Antón Fraguas Fraguas.


- Radio Escolar. Antón Fraguas

Podcast dedicado a Antón Fraguas

PREME NA IMAXE PARA VER A ACTIVIDADE


- Casamento da pulga. Cantiga recollida por Antón Fraguas no seu libro : "Cancioneiro de Cotobade".
PREME NA IMAXE PARA VER A CANTIGA 

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/686


- Celebración conxunta na entrada do colexio para homenaxear ao escritor.
  • Lectura sobre a vida  e traxectoria de Antón Fraguas Fraguas.
  • Interpretación por parte dos alumnos/as de 5º de infantil a lenda  "O Grúfalo" de Julia donaldson. Para ver a lenda completa preme  aquí.
  • Canción "Vai sair o tren" de Xoán Curiel. Canta, Miña Pedra, Canta. Homenaxe a Antón Fraguas.
  • "Casamento da pulga".
  • E para rematar himno da nosa cidade e himno Galego.

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.