... O 23 de febreiro, celébrase o nacemento de Rosalía de Castro, escritora galega que ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX.
Dende a Biblioteca, celebramos o seu nacemento, por todas as aportacións á cultura, pensamento crítico e intelectual, manifestos feministas...
Na entrada do colexio, fixemos unha exposición de poemas de Rosalía, plasmados en "Libros intervidos".
A impresora 3D e cortadora-gravadora laser láser, estiveron sen parar fabricando marcapáxinas dos seus poemas.
Tamén coa cortadora-gravadora laser fixéronse crebacabezas en cartón, a partir de debuxos feitos polos nenos e nenas, sobre poemas de Rosalía de Castro.