venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO SOSTIBLE E ECOLÓXICO

 Desde os mandados do MECO, confección de disfraces na que colaboraron tamén as familias, e baile con coreografía ("Madre Tierra", de Chayanne), foi unha semana de ENTROIDO con mensaxe, para concienciar sobre a importancia de Reciclar, Reutilizar e Reducir para unha mellor saúde do noso planeta. (Actividades dentro do PDI "ECOMUNDI").

Os noso difraces foron:

- Súper Héroe-Heroína da reciclaxe (Plástico-Vidro-Papel)

- Trasnos do bosque.

- Espantallos de refugallo.

- Caixa-Robot.

- Tribo dos Kayapo (Traxes feitos de saco, inspirados no libro "A folla azul" de Andrea Maceiras).

A TRASTENDA DO ENTROIDO


 


mércores, 23 de febreiro de 2022

RECENDE A ROSALÍA

 Hoxe o MECO estivo moi acertado, mandounos traer unha flor e un poema de Rosalía de Castro. Todo o colexio empapouse do recendo de Rosalía.

Lectura de poemas, retratos de Rosalía decorados con pétalos coridos de pensamentos, poemas da autora decoraron a entrada do cole e videoclips con poemas de Rosalía. Foron as actividades para celebrar o seu aniversario.


Tamén aproveitamos este día para inaugurar o noso
"Recuncho Creativo" 
Un espazo anexo á Biblioteca para relaxarse lendo, xogar individualmente ou en grupo en diversos ambientes.



Videoclips con poemas de Rosalía:

RETO 8: Concurso de interpretación Día de Rosalía. Actividade EDIXGAL, materia de Libre Configuración "Laboratorio de Ciencias e Tic"




venres, 11 de febreiro de 2022

ENCONTROS COA AUTORA

O venres Andrea Maceiras, achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" .

A folla azul, de Andrea Maceiras.

A  Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia.
A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. 

Entrevista coa autora

Preme na imaxe para ver máis


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Para este día descubrimos a Teano, matemática e filósofa do século VI a.C. membro da escola de Pitágoras.

Teano, empregaba crebacabezas xeométricos, feitos con tea, lá... nas súas clases.


Tamén pescudamos información para resolver incógnitas sobre mulleres científicas, con este xogo de cartas. O obxectivo é formar laboratorios.



Para saber máis: 

Teano, "Cuando la mágia se convierte en número". Instituto de Ciencias Matemáticas ICMAT



PREME NA IMAXE


venres, 4 de febreiro de 2022

3ª CITA CLUB DE LECTURA

O club de lectura de 5º, comentou o libro de María Solar, "Quokka Moka". Pareceulles moi cómico e gustoulles moito. Despois de valoralo, modelaron con plastilina, seres fantásticos que poderían habitar o mundo dos Mokas. 

"Quokka Moka", de María Solar.

La historia de una quokka que tuvo que acabar con su especie para dejar de ser tan egoísta
Los quokkas, una especie australiana de marsupiales en peligro de extinción, son los únicos animales del mundo que siempre sonríen. ¿Te imaginas un animal que sonríe todo el rato, pero que es realmente insoportable? Pues esa es nuestra Quokka Moka. Insoportable hasta hartar.

Un día, sin querer, extermina a su especie. Solo sobreviven ella y su sonriente abuela, que, por cierto, está muy enfadada. Las dos, con la ayuda del espíritu del sapo Roco, su mejor amigo, deben ir al Antiuniverso en búsqueda de los quokkos para intentar recuperar su especie.

Una divertida aventura entre el mundo del derecho y el mundo del revés.
 
 
 
O club de lectura de 6º, leu o libro de Roald Dahl  " El Gran Gigante  Bonachón" e xogou cos seus compañeiros de clase a un test moi tolo, sobre países do mundo, tamén riscaron nun mapa os países.
 
"El Gran Gigante Bonachón" de Roald Dahl.
 
Un libro cheo de fantasía tenrura e sinceridade.
 

... Aquella noche Sofía no lograba dormir, se lo impedía la luz de la luna que entraba por el dormitorio. A pesar de estar prohibido levantarse de la cama, se puso en pie y se acercó a la ventana. Entonces vio horrorizada que algo muy alto y muy negro y muy delgado se aproximaba por la calle. Era el Gran Gigante Bonachón, que la envolvió en una sábana y se la llevó al país de los gigantes.
 





martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ. "NON HAI FRONTEIRAS"

 Con esta canción "Terra", das Tanxugueiras  que reivindica a diversidade, a integración, pero tamén a diversión por medio do canto e do baile,  animamos a semana da Paz, para rematar cunha coreografía todos/as xuntos/as no patio.

 

Máis información 

 Todos os traballos e actividades foron expostas na entrada do colexio.

O fío condutor foi a reciclaxe, reutilizamos un expositor para decoralo coa árbore e metáforas de Paz.


Botellas cheas de amor ao planeta

Tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.

       Máis información:  

  Xogo da Paz

Plantéxanse unha serie de situacións que terás que resolver, por exemplo:

1.- Unha das compañeiras do cole sempre está soa no recreo porque non lle gusta xogar ao futbol. Que fago?

2.- A miña mellor amiga lévase mal con outra compañeira. Como actúo con ela?

Para este xogo pódese consultar libros da biblioteca: Atlas, libros da sección 34 (convivencia), da caixa Inclúe-T ou da colección de Intermón-Oxfam ...




Reutilizar un calendario de sobremesa para ilustrar o libro "Soy un Punto", Guiancarlo Macri. Un libro que trata o valor da amizade e solidariedade.
 

 "Ubú" de Jérôme Ruiller.  Outro libro co que traballamos nesta semana.
Reflexionamos... E tí que farías? si ves algo que está mal pero que non vai contigo.
Serías un punto gris?
 

 "Abajo los muros" Eric Battut. 
... Coas pedras dos muros pódense construir pontes.
 
 
A  nosa árbore da amizade

 
Na Biblioteca creativa: Obradoiro de pulsera 3D e de reciclaxe.
A impresora 3D, estivo a traballar, imprimindo o símbolo da Paz, para logo facer nun obradoiro as pulseras da Paz.
 
Máis información:

Moitas grazas polo voso traballo!