mércores, 23 de febreiro de 2022

RECENDE A ROSALÍA

 Hoxe o MECO estivo moi acertado, mandounos traer unha flor e un poema de Rosalía de Castro. Todo o colexio empapouse do recendo de Rosalía.

Lectura de poemas, retratos de Rosalía decorados con pétalos coridos de pensamentos, poemas da autora decoraron a entrada do cole e videoclips con poemas de Rosalía. Foron as actividades para celebrar o seu aniversario.


Tamén aproveitamos este día para inaugurar o noso
"Recuncho Creativo" 
Un espazo anexo á Biblioteca para relaxarse lendo, xogar individualmente ou en grupo en diversos ambientes.



Videoclips con poemas de Rosalía:

RETO 8: Concurso de interpretación Día de Rosalía. Actividade EDIXGAL, materia de Libre Configuración "Laboratorio de Ciencias e Tic"