sábado, 28 de maio de 2022

RESUMO DE ACTIVIDADES "PDI ECOmundi"

 ECOmundi, acompañounos ao longo do curso neste proxecto desenvolvido pola biblioteca de xeito interdisciplinar. Plantexándonos actividades, retos, recomendacións... para manter un planeta sostible, sudable e unha filosofía ecolóxica de vida.

O PDI "ECOmundi", estivo estructurado en catro líñas de  creación: lixoGUETES, reciclARTE, instrumentos musiEcolóxicos, moda ECOmplementos.

Presentamos unha pequena mostra das actividades:

lixoGUETES

Xeoplanos con caixas de cartón e outros materiais de refugallo.

PREME NA IMAXE


Xogos de ciencia: Máquinas simples.



Creación dun Tear.


Xogo matemático para sumar no taboleiro. 
Cada galiña pon media ducia de ovos. Tiramos un dado por turnos, colocamos no panel de bombóns que está numerado, tantos ovos coma o número que indique o dado e ímoslle sumando o número que saque o seguinte participante. A primeira galiña que quede sen ovos, terá que bailar o baile da galiña.

Este material tamén foi utilizado como recurso no xogo Cluck, Cluck


Raqueta.
Quebracabezas de tea.


Laberinto.


Teléfono de emerxencia entre aulas.


ReciclARTE

Escultura con material de reciclaxe para recrear a obra de  Joan Miró.


Creación de estructuras  con rolos de reciclaxe, para elaborar a guía de lectura de nadal.

Decoración dun expositor inspirándonos no libro de Britta Teckentrup "El árbol de la Amistad" Para o día da Paz.

Actividade Lúdico-plástica, con casca de ovo de paspallás e arxila, sobre o conto "¡Alguién se ha tragado a Lola!" de Sarah Roberts. 


Instrumentos musiECOLÓXICOS

Démoslle un segundo uso ao material de refugallo e transformámolo en instrumentos musicais: De percusión, de vento e de corda.
Interpretación da canción "A horta de Balbina" de María FumaÇa, con ukelele.


Moda ECOmplementos

Pulseras de reciclaxe co símbolo da paz.
Talleres de confección de distraces, por un entroido sostible e ecolóxico.




Moedeiros con papel de revista.



Bolso Ecomundi, reutilizando camiseta.


Carteis e murais








Pensa as cousas que podes facer co material, antes de tiralo ao lixo, quedarás asombrada/o.

O Planeta está nas túas mans!!

luns, 16 de maio de 2022

FESTA DAS LETRAS

Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán

"Galicia infinda" é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas. "A súa vida foi unha chea de atrancos pero tamén de alegrías polo seu amor á lingua e á cultura galegas" Primavera das Letras"

MURAL COLABORATIVO: "Galicia Infinda"


GALICIA INFINDA 3D



RETRATOS DE FLORENCIO





ATOPA O POEMA


Fai click nos enlaces interactivos para ver diferentes actuacións e traballos