luns, 25 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Biblioteca quere facer visible a través de actividades escornabóticas unha reflexión para derribar roles, estereotipos e unha chamada a IGUALDADE.
Todo o colexio, desde infantil a primaria asistiu por sesións organizadas á Biblioteca para xogar cos escornabots nos taboleiros da Igualdade.

25N Día internacional contra a violencia de xénero (Entra na sección: Actividades do CEIP Vistahermosa - Biblioteca Creativa, para ver a explicación dos xogos)


CARTEIS





         





Aquí tedes un resumo das actividades



sábado, 23 de novembro de 2019

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA - A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN

Alumnos/as de 6º, leron o discurso de Malala Yousafzai aos seus compañeiros/as de primaria.
 “Un neno/a, un mestre/a, unha pluma e un libro, poden cambiar o mundo”.  
PREME NA IMAXE 


Recomendamos como lectura:

venres, 15 de novembro de 2019

VERBATECA - LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de 5º e 6º de infantil.
Xogando traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas...

Esta actividade ten como obxectivos:
  • Potenciar o traballo en equipo.
  • Aumentar o vocabulario da nosa lingua.
  • Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
  • Manter unha boa actitude de escoita.
  • Motivar á lectura por medio da oralidade.
  • Fomentar a imaxinación e a creatividade.

Para gardar palabras fermosas galegas

 

luns, 4 de novembro de 2019

SAMAÍN

Dende a Biblioteca realizáronse varias actividades para celebrar a festa tradicional do SAMAÍN. 

  • Xunto co ENDL (Equipo de normalización e dinamización lingüística), exposición de cabazas na entrada do cole.
  • Decoración exterior (Belén, responsable do comedor). 
  • Lectura de contos e adiviñas na escuridade, para infantil. 
  • "As Bruxiñas da letra R", contado por alumnos/as de 4º para os alumnos/as de 1º de primaria.
  • Lectura de relatos de medo, premiados no "III concurso de relatos curtos de Medo".

https://drive.google.com/open?id=1u0Mre1ZPy4rTfo2E2Nn0MWfFpifAq2fS



Se queredes saber máis sobre esta festa ... PREME NA IMAXE

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/node/712

venres, 25 de outubro de 2019

1ª cita CLUB DE LECTURA

O martes 22, tivemos a 1ª cita para debatir, valorar, comentar sobre o libro: "A Batalla da pequena Chañan Curi Coca" de Rosa Aneiros.  


Con esta actividade voluntaria queremos fomentar a lectura e dar un paso máis, intercambiando opinións con outros/as compañeiros/as que comparten o gusto pola lectura.


A próxima cita será o martes 26 de novembro para comentar o libro: "Perigo Vexetal" de Ramón Caride. 
Animádevos! 

luns, 21 de outubro de 2019

24 de Outubro, día da Biblioteca

O 24 de Outubro, celebramos o día da Biblioteca e iniciámonos no proxecto "Bibliotecas Creativas" con actividades lúdicas, formativas mesturadas coa robótica.

Imos aprender a...
  • Coñecer os espazos da biblioteca. 
  • Manexar de forma básica a CDU. 
  • Programar o escornabot dende a botoneira.
  • Aprender xogando. 
Dinámica de xogo: 

Xogo 1
Material: taboleiro coa cdu, un dado e un escornabot
Haberá que tirar o dado, mover o escornabot o nº de celas que marque o robot, dirixirse aos andeis da biblioteca e traer un libro dese apartado da CDU


Xogo 2

Material: 2 taboleiros que reproducen os andeis da biblioteca, maquetas de libriños con cadansúas etiquetas.

Cada xogador collerá un libriño e programará o robot ata a cela correspondente segundo a etiqueta que aparece no lombo do libro (como son miniaturas, pódense cargar no escornabot e que os transporte)








CODEWEEK: Esta actividade está inscrita na Semana da Programación da Unión Europea:




Xogo 3 

Busca o principio e final do conto. Repartiranse tarxetas con principios e finais de contos, cada neno/a falando baixiño (porque nas Bibliotecas fálase baixiño) intentarán buscar a súa parella para poder completar o conto.


Xogos para infantil
- Roteiro pola biblioteca. Dunha pila de libros, intentar colocar cada libro na sección de infantil, fixándose na etiqueta identificativa (Sol-Lúa).
- Contos con pedras pintadas. Inventar historias coas imaxes de contos clásicos que aparecen nas pedras. Mesturar contos.
- Emparellar os contos  que aparecen nas pedras con tarxetas de personaxes.



Así foi como se desenvolveron as actividades programadas.




venres, 4 de outubro de 2019

"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

Este é o lema que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso.

Cartel  ilustrado por Óscar Villán.

... A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1239