mércores, 19 de xuño de 2024
CLUB DE LECTURA
Nesta sesión, reuníronse alumnos de 4º de primaria, para comentar varias fábulas de Esopo, que lles gustaron moito; tamén leron un diálogo: "O cascabel do gato" .
luns, 17 de xuño de 2024
PETISCOS PARA PICAR
Xa estamos rematando o curso e que mellor maneira de celebralo que con estes deliciosos
petiscos que nós mesmos elaboramos. Preparamos un delicioso zume de limón e comprobamos o aprendido na clase de matemáticas, sobre medidas e capacidade.
BO PROVEITO!
mércores, 5 de xuño de 2024
CLUB DE LECTURA
Voluntarios/as de 2ºP, xuntáronse nunha sesión para comentar, debater e escenificar no teatrillo o libro:
"MAO TIANG Pelos Tesos" de Monserrat Del Amo... Na afastada China está a ocorrer algo extraordinario: a Vella Emperatriz convocou un concurso entre todos os habitantes do Imperio para elixir o que vai ser o futuro Emperador e o home da princesa Yin Li.
Os apirantes chegan por centos, por milleiros, ante as portas do Palacio Imperial.Mao Tiang Pelos Tesos, un mozo coidador de parrulos, é sen dúbida o máis humilde, torpe e despistado de todos eles
, aínda que o seu espírito optimista, valente e xeneroso talvez nos reserve algunha sorpresa.
CASA EN 3D
Unha casa foi o que construíron os alumnos/as de 2ºP, troquelando e utilizando as pezas dun quebracabezas en 3D.
ACHEGÁNDONOS Á PREHISTORIA
Asi foi como o alumnado de 2ºP, fixo un pase pola prehistoria: recreando as súas pinturas, elaborando utensilios e creando a través de elementos naturais (pedras), animais prehistóricos.
EXPRESION ORAL
Os nenos/as de 1ºP, inventaron un pequeno conto para traballar e mellorar a expresión oral, representáronno nun teatro de sombras que eles/elas mesmas contruíron.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


