Ó longo da semana, completouse unha exposición de retratos do noso alumnado, inspirados nos versos de Xela Arias. Os marcos dos retratos realizáronse nun obradoiro con materiais reciclados.
luns, 17 de maio de 2021
XELA ARIAS a diario
mércores, 28 de abril de 2021
TEATRO DE MONICREQUES: "As Fabas Máxicas"
luns, 26 de abril de 2021
5ª CITA, CLUB DE LECTURA.
venres, 23 de abril de 2021
ILLA LIBRARIA
En illa Libraria, atópase a lagoa das Metáforas, a aldea dos Personaxes Fantásticos, a península da Realidade, o río da Sabedoría, o bosque das Palabras Fermosas, os retos literarios, Bookstagrammer, Hospital de libros, libros infinitos...
Gazas aos seus mapas e maquetas logramos gozar dun xeito creativo o
"Día do Libro".
No día do libro non faltaron
"Lecturas intuitivas, POR ... E CON sorpresa"
mércores, 14 de abril de 2021
Señores pasaxeir@s á Biblioteca!
Co lema deste curso "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" iniciamos un curso sen rumbo ... pero chegando case a destino, a través dos libros da Biblioteca, viaxamos por paisaxes fantásticas creadas polos escritor@s e trasmitidas por lector@s como nós, así descubrimos e situamos outros mundos.
Mostramos unha recompilación de actividades realizadas ao longo do curso, algunhas delas xa publicadas no blog: Por un Nadal en familia (guía de lectura), #11F A nena na ciencia, Ruada de entroido .
sábado, 27 de marzo de 2021
FELIZ DÍA DO TEATRO!
Queremos dar visibilidade a este día pola importancia que ten para o ser humano "Contar, dramatizar e sentir historias".
Disfrutade con esta pequena representación do libro "Os catro Amigos" Jakob & Wilhelm Grimm. En teatrillo con monicreques.
mércores, 24 de marzo de 2021
DÍA DA POESÍA
Celebramos o día da poesía, seleccionando libros de poesía para o expositor poético, recitando poemas, xogando co escornabot rimeiro, poemas debuxados, exercicios poéticos...
- EXPOSITOR POÉTICO
- MURAIS DE POESÍA E POESÍA [@] [r] riscada.
- Beetboot RIMEIRO BUSCA A RIMA POLO TABOLEIRO.
- POEMA DEBUXADO DO LIBRO "FAFARRAIOS" de Gloria Sánchez.






