O alumnado de 6º de Primaria participou na actividade "Encontros co autor" pertencente ao Programa de animación á Lectura dinamizado polo Concello de Ourense.
As nenas e nenos leron nestas últimas semanas a obra "Segredos Soterrados" de Xabier Domínguez e Alba de Evan, a quen puideron coñecer e aprender máis sobre o seu traballo.
O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?