Para conmemorar este día o alumnado de 4º de primaria, realizou un obradoiro: "Computando cunha soa man".
Linguas de Ra,
Sabíades que a arma secreta das ras é a súa saliva?
A saliva das rás é un fluído Non Newtoniano xa que a súa viscosidade depende da velocidade.
Outros exemplos de líquidos non newtonianos son: as areas movedizas, o xel, o sangue, o iogur, o mel, a pintura... que poden comportarse como sólidos ou líquidos en función da presión que lle apliquemos.
Esta actividade ten como finalidade mostrar o traballo de enxeñeiras e científicas da USC nas disciplinas coñecidas como STEM e o recoñecemento ao papel clave que desempeñan na comunidade científica e na tecnoloxía. Visualizamos varios vídeos de obradoiros con diferente temática e o alumnado de 4º experimentou cos fluídos e as súas propiedades.