mércores, 15 de xaneiro de 2025

CITA CLUB DE LECTURA

 O club de lectura de 5º de primaria, rematou o libro "Fábulas de Esopo" de Jerry Pinkney.

Disfrutaron cun conto breve de enxeñosa trama que comparten  o propósito de unir a verdade e a beleza coa sabedoría moral.


Próxima lectura: "Mil cousas Poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano.

... Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico.